Detido un estafador que se facía pasar pola Axencia Tributaria

|

A Policía Nacional detivo este venres en Vigo a un home de 61 anos que se fixo pasar por un funcionario da Axencia Tributaria para estafar a cando menos 6 persoas. 


Esta detención é o resultado dunha investigación que comezou o pasado 5 de xaneiro, cando unha muller de 87 anos denunciara que fora vítima dunha estafa. 


A muller denunciou que un varón se dirixiu a ela no portal da súa vivenda, preguntándolle se era dona dunhas fincas. Tras responder esta afirmativamente, o suposto funcionario aseguroulle que tiña pendente unha deuda de 250 euros por atrasos no catastro, que a muller lle entregou en efectivo. 


Este non foi un feito aislado, durante a investigación detectáronse outros cinco casos similares. O estafador buscaba vítimas de idade avanzada que vivían soas, facilitándolles datos de carácter persoal que obtivera de forma ilícita. 


Deste xeito, os axentes identificaron a un sospeitoso e procederon á súa detención no momento no que pretendía reclamar outro falso pago do catrasto a unha vítima. Foi trasladado a comisaría, donde se comprobou que tiña 29 antecedentes policiais. Posteriormente, foi posto a disposición do Xulgado de instrucción número 6 de Vigo. 


Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress