Buscan na costa de Ferrol a un percebeiro que caeu ao mar

|


Efectivos de emerxencias buscan desde a mañá deste sábado na zona entre Doniños e San Xurxo, na costa de Ferrol, a un home que caeu ao mar preto do faro de Lobadiz.


O desaparecido atopábase con outro home colleitando percebes na zona cando foi arrastrado por unha onda. O seu compañeiro tratou de rescatalo utilizando a corda pola que estaban atados, pero tamén perdeu o equilibrio caendo sobre as rochas e perdendo o contacto co desaparecido. 


Acto e seguido avisou aos servizos de emerxencia, que activaron un dispositivo para tratar de localizar ao desaparecido, no que participan Bombeiros, Protección Civil, Policía Local e Nacional e Salvamento Marítimo, que desprazou á zona á Salvamar Mirfak e ao helicóptero Helimer. Tamén acudiu unha patrulleira da Garda Civil e os bombeiros dispoñen de material de mergullo, aínda que non puideron mergullarse polo estado do mar.


O familiar que se atopaba co desaparecido foi evacuado nunha ambulancia de Urxencias Médicas 061 ao Hospital Arquitecto Marcide. Presentaba lesións nos ombreiros e varios golpes.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress