Dous peritos forenses galegos reciben a Medalla de Ouro Foro Europa 2001
Os peritos e profesores Luís Alamancos Pampín e Antonio Busto Cuiñas, foron galardoados coa Medalla de Ouro que entrega a fundación Foro Europa 2001. Tamén premiados coa Estrela de Ouro á Excelencia Profesional e a Medalla de Ouro Europea ao Mérito no Traballo; están vinculados ao Gabinete Pericial INPEVAL e o Instituto Internacional de Criminalística Aplicada INICA, onde desenvolveron un destacadísimo labor no campo pericial e forense, en casos de gran repercusión mediática como o caso Bárcenas, caso Asunta ou García Lorca.
Os peritos e profesores Luís Alamancos Pampín e Antonio Busto Cuiñas, foron galardoados coa Medalla de Ouro que entrega a fundación Foro Europa 2001. Tamén premiados coa Estrela de Ouro á Excelencia Profesional e a Medalla de Ouro Europea ao Mérito no Traballo, están vinculados ao Gabinete Pericial INPEVAL e o Instituto Internacional de Criminalística Aplicada INICA, onde desenvolveron un destacadísimo labor no campo pericial e forense, en casos de gran repercusión mediática como o caso Bárcenas, caso Asunta ou García Lorca.
Colaboradores habituais en prensa e televisión, proximamente sairán do Instituto de Criminalística INPEVAL-INICA as primeiras promocións de peritos xudiciais forenses, formados enteiramente en Galicia, cos mellores profesionais do país (Paco Pérez Abellán, Juan Rada, Salvador Ortega e altos mandos das F.C.S.E.) nas máis modernas técnicas criminalísticas.
Este galardón ao Prestixio Profesional concédese aos dous peritos pola súa dilatada carreira profesional e docente. Son os primeiros peritos xudiciais galegos en recibir este prestixioso recoñecemento.
O Foro Europa 2001 foi fundado por José Luis Salavería en 1996 coa intención de crear encontros para o intercambio e a divulgación de ideas e coñecementos con dirixentes empresariais, culturais e políticos.
Escribe tu comentario