OS XUÍCES, Á SÚA BOLA

Manuel Fernando González Iglesias

A Emilio Botín pasoulle como a Rodrigo de Vivar "El Cid", que gañou unha batalla de gloria persoal despois de morto. Nin sequera a Monarquía española ha podido beneficiarse da Doutrina que leva o nome do banqueiro cántabro que, en decembro do 2000, exoneroulle dunha petición de 180 anos de cárcere que a acusación particular solicitaba ao Tribunal Supremo polas chamadas "cesións de crédito" que o seu banco, o Santander, eludira de pagar ao Fisco.


Hoxe, neste xaneiro de inverno "tropical", soubemos que a Audiencia de Palma ignora esa Doutrina Botín e dille á irmá do Rey de España, e aínda Infanta de Borbón, que debe seguir sentada no banco dos acusados e agardar a que un Tribunal a xulgue xunto a outros ilustres procesados, esperando que a sentenza lle sexa favorable. Ao Bufete Roca acáballe de explotar nas mans a súa "temeraria defensa" sobre un caso, no que a xente do montón, non entendía porque a esposa do socio de Urdangarin sentaba nese mesmo banco e Cristina de Borbón non, polo só feito de ser unha Infanta de España. Polo menos agora, Juan María Atutxa, outro dos que non se puideron beneficiar no 2008 desa mesma doutrina Botín, e que foi condenado por non disolver o grupo parlamentario Sozialista Abertzaleak, quedará máis tranquilo e algo máis reconciliado coa "xustiza española" que fixera con el "unha excepción vasca" pouco edificante.


Está claro que, neste Reino de Felipe VI, os tempos dos xuíces non son os mesmos que os dos cidadáns. Quizais por iso, no peor dos escenarios políticos que vive España no últimos vinte anos, asistimos a un tsunami de causas e detencións que, debidamente ordenadas, poderían repartirse durante todo o ano xudicial, para non ofrecer á opinión pública internacional a "foto fixa" dunha España de "pirados" na que só As súas Señorías togadas con puñetas e birretes, gardan e fan gardar, as esencias de liberdades democráticas dos pobres españois. E iso non é así...Nin moito menos!

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE