#Claves de la semana
DO 3 O 7 DE FEBREIRO EN EXPOURENSE

Xantar 2016, consolidase como plataforma de internacionalización do turismo enogastronómico

O Salón Internacional de Turismo Gastronómico de España (Xantar 2016) que se celebra en Expourense entre o 3 e o 7 de febreiro, estará adicada ó Entroido




|


A presenza do Estado de Morelos representando a México como país convidado e a celebración dunha edición especial adicada ó Entroido, marcarán a Xantar 2016, Salón Internacional de Turismo Gastronómico de España que se celebra en Expourense entre o 3 e o 7 de febreiro.


A 17ª edición convocará en Expourense a vindeira semana a 166 expositores que ocuparán 12.000 metros cadrados de superficie e entre os que destacan 14 restaurantes que ofrecerán una vintena de menús con prezos comprendidos entre os 12 e os 30 euros baseados nos produtos autóctonos e de calidade de cada rexión procedentes de México, Portugal e España. Haberá ademais menús infantís e adaptados para celíacos.


Esta 17ª edición foi presentada esta mañá nun acto no que asistiron a delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira, o presidente do comité executivo de Expourense, Juan Carlos Parada, o xerente do INORDE, José Manuel Rodríguez, a xefa de servizo de Turismo do Concello de Ourense, Nita Torres, o representantes do Cluster de Tursmo de Galicia e presidente da Federación de Hostaleiros de Ourense, Ovidio Fernández Ojea, e o director de Xantar, Alejandro Rubín Carballo.


A presenza nesta edición de expositores e participantes de 10 países (España, Portugal, Costa Rica, México, A Arxentina, Francia, Perú, Cuba, Ecuador e Paraguai) ven consolidar a súa condición de “Feira Comercial Internacional”, un selo outorgado pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía e Competitividade, que o converte nunha das cinco citas internacionais de turismo celebradas en España (dúas das cales organiza Expourense) e na única especializada en gastronomía.


Xantar é un proxecto cofinanciado polo Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE e conta co apoio de varios departamentos da administración galega, da local e de importantes empresas do sector agroalimentario e da distribución de Galicia, o que o converte nun exemplo de cooperación público-privada. A visita de empresarios dos sectores da hostalerçia e a gastronomía de México, Costa Rica e Portugal, abrirá novas oportunidades para as empresas galegas destes sectores. Por primeira vez, Xantar contará cun Centro de Negocios para facilitar os encontros empresariais.

México, país convidado


MEXICO PAIS CONVIDADO NO XANTAR 2016


O Estado de Morelos representará a México como país convidado en Xantar 2016 e farao realizando un gran despregamento que contribuirá a situalo como gran destino culinario internacional. Morelos participará en todas as actividades do salón para as que previron a presenza en Ourense dunha ampla delegación de empresarios da hotelaría e a gastronomía do estado.


Morelos vai ofrecer aos visitantes a Xantar un menú composto por varios pratos integrados na tradición culinaria mexicana preparados cunha técnica vangardista e estará maridado con viños da Denominación de Orixe Ribeiro. Para elaborar este menú, Morelos despraza ata Expourense a un grupo integrado por oito dos seus mellores chefs que ademais realizarán varios showcookings sobre cociña mexicana acompañados por viños da D.O. Ribeiro. Entre esta delegación atópanse os xefes de cociña dalgúns dos mellores establecementos hostaleiros do estado.


ENTROIDO 


Xantar 2016 estará especialmente adicado ó Entroido convidando aos visitantes a participar no recinto desta festa cunha forte compoñente gastronómica. Para o mércores 3 e xoves 4 de febreiro organizçaronse varias actividades para animar a anticiparse aos días grandes de Entroido. Haberá concursos de disfraces, sorteos, animación, desfiles de entroidos ancestrais da provincia de Ourense e menús a prezos especiais para grupos e comparsas.


RESTAURACIÓN


A promoción da calidade da gastronomía ibérica a través de elaborados menús será outro dos obxectivos principais desta edición. Os 14 restaurantes desta edición proceden de Galicia, Castela e León, Asturias e de Portugal, ademais de México. En total, ofreceranse una vintena de menús baseados nos seus produtos autóctonos e de calidade, xa que a maioría inclúen alimentos amparados por unha Denominación de Orixe ou Indicación Xeográfica Protexida. Contribuirase así á posta en valor dos alimentos agrogandeiros e pesqueiros de calidade. Vencellado con isto está una das principais novidades desta edición, o restaurante “Experiencias en Calidade” patrocinado pola Consellería de Medio Rural que ofrece un menú composto por productos certificados.


Facendo un percorrido pola feira podemos comezar saboreando o marisco e o peixe do restaurante Ría de Pontevedra- Beluso, pasando tamén polo de Vila de Cruces para degustar o seu “Galo de Curral” (Festa de Interese Turístico) ou e rematar tomando os doces típicos no de Ponteareas-Vila do Corpus. Adentrándonos xa na provincia de Ourense, destaca o menú “sabores deourense” que recolle aos pinchos gañadores dos distintos concursos gastronómicos (Sabores de Outono e de Primavera) organizados na cidade. Dentro desta provincia, tamén se pode elixir entre os menús ofrecidos por Terras do Avia, Parada de Sil e Riós. Pola súa banda, o INORDE propón un menú baseado en produtos selectos producidos por COREN, Grupo Cuevas e Viña Costeira, que denomina "Kilometro 0".


Portugal volverá ser un dos protagonistas desta cita gastronómica e participa con dous restaurantes da rexión Porto e Norte: Vila Real e Caminha que presentará un menú baseado no festival Gastronómico do Bife de Espadarte (peixe espada) que cada ano se celebra en Vila Praia de Âncora. A restauración desta edición complétase cos menús de Castela e León e Asturias.


ACTIVIDADES


O programa de actividades de Xantar 2016 incluirá tanto conferencias de expertos como exhibicións de cociña en directo, ademais de catas comentadas e degustacións incluídas no chamado “Encontro Internacional sobre Dieta e Saúde” que afronta xa a súa 11ª edición. En total, máis de 100 actividades orientadas a profesionais e afeccionados. As actividades deste ano terán o obxectivo de apostar pola profesionalización do sector.


Para dar cabida a este amplo programa de actividades, Xantar contará por primeira vez con tres aulas gastronómicas ás que se suma unha de Cata. Unha delas estará patrocinada por Repsol, que se suma á lista de patrocinadores do salón, e que será ademais a encargada de organizar o showcooking nos que participará Pepe Solla. Esta actividade está organizada para os seus clientes de gas propano eo acceso ao evento será con invitación do patrocinador.


Outra das Aulas será a reservada a “Mar” e estará equipada por The Singular Kitchen. Nela realizaranse actividades coordinadas pola Consellería do Mar baixo o título “Os sabores do Mar de Galicia”. A última destas aulas estará coordinada pola Consellería do Medio Rural e equipada por Rational-Maderfri e nela poñeranse en valor as materias primas de calidade como os produtos adscritos ás Denominacións de Orixe ou con Indicación Xeográfica Protexida e Ecolóxicos.


Cabe destacar a cantidade e calidade de chefs galegos, mexicanos, portugueses e costarricenses que van impartir exhibicións de cociña nesta edición. Dende o propio Pepe Solla ou Flavio Morganti, con Soles Repsol, pasando por Álvaro Villante, Lucía Freitas ou Emma Pinal, entre moitos outros.


Ademais da compoñente práctica, este Encoentro incluirá tamén conferencias sobre a etiquetaxe nos alimentos, impartida pola Consellería de Sanidade ou sobre os riscos no sector da hostalería que correrá a cargo do Centro Superior de Hostalería de Galicia. Destacan ademáis a conferencia inaugural sobre a cocina galega “tradición e innovación”, impartida polo chef galego Manuel Domínguez, do restaurante Lúa de Madrid, con Estrela Michelín.


Xantar 2016 aposta firme por fomentar a cultura vitivinícola de Galicia e repite nesta edición a creación dun Túnel do Viño que amplía con respecto á experiencia do ano anterior. O obxectivo é servir de escaparate internacional ao viño galego e poderán consultarse e probarse referencias das cinco denominacións de orixe de viño de Galicia. É un espazo que ten o obxectivo de potenciar o consumo do viño de calidade producido en Galicia entre os visitantes profesionais que cada ano chegan ata Expourense procedentes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, así como das comunidades limítrofes, ademais de contar coa participación de prensa especializada e bloggers gastronómicos de toda a Península Ibérica.


Outra das actividades que terá continuidade será o XII Encontro Internacional de Confrarías Gastronómicas e Enófilas que espera repetir o éxito da última edición na que reuniu a máis de 40 entidades sendo o segundo encontro deste tipo con máis representantes a nivel mundial.


O programa do 11º Encontro Internacional sobre Dieta e Saúde complétase cunha serie de actividades especiais como o acto de recoñecemento aos chefs con Estrelas Michelín e Soles Repsol, a entrega dos Platos de Oro de Radioturismo a restaurantes e casas de turismo rural das provincias de Lugo e Ourense.


PROMOCION DO TURISMO DE PROXIMIDADE


Xantar 2016 puxo en marcha diversos paquetes turísticos que teñen o obxectivo de fomentar o turismo interno e de proximidade estimulando ao público final a visitar Ourense e reforzar un dos obxectivos principais desta cita: promocionar o turismo a través da gastronomía. A partir de 69 euros, este paquete comercialízase coa organización e de axencias de viaxes (Operador Yu Travel) que inclúe aloxamento en hotel 4* en réxime AD, entrada ao salón e comida ou cea nun dos restaurantes.


Xantar creou tamén unha experiencia gastronómica orientada aos visitantes que poden achegarse a Ourense na liña de Alta Velocidade, AVANT. Convén lembrar ademais que todos os visitantes que acudan ao salón en tren desde calquera parte de España obterán un 35% de desconto que pode obterse en: www.xantar.org.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE