#Claves de la semana

A Feira do Cocido congrega a máis de 50.000 persoas

A XLVIII edición da Feira do Cocido de Lalín non decepcionou,congregando a máis de 50.000 persoas nunha festa que o alcalde, Rafael Cuíña, pretendría "recuperar para o pobo".


|



A XLVIII edición da Feira do Cocido de Lalín non decepcionou,congregando a máis de 50.000 persoas nunha festa que o alcalde, Rafael Cuíña, pretendría "recuperar para o pobo".


"Recuperamos unha festa do pobo e para o pobo, para goce dos miles de visitantes que enchen as nosas rúas e que, sen dúbida, saben que en Lalín a nosa gastronomía, a nosa cultura, o noso excelente comercio, a nosa competitiva industria, e sobre todo as nosas xentes, son referente de calidade e esforzo para adaptarse aos novos tempos", destacou Cuíña.


O rexedor foi o encargado de abrir o acto deentrega do Premio Aldea Singular á parroquia de Soutolongo,evento ao que tamén acudiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen mostrou o seu desexo de que a Feira do Cocido de Lalín obteña o "recoñecemento oficial internacional" que se merece.


Tras outorgar un galardón co que o Concello de Lalín busca "dar o protagonismo ao rural" dentro dos actos do Cocido, o xornalista e escritor Manuel Jabois deu lectura a un pregón no que reivindicou a "nova concepción revolucionaria da Feira do Cocido".


"Acabáronse os grandes dispendios, van ser porcos normais, da xente", chanceou Jabois durante o seu discurso no que asegurou estar "moi de acordo" de que esta celebración sexa, a partir de agora "unha festa diferente".


A continuación, o xornalista definiu ao cocido como "algo máis que unha comida". "As comidas, cando teñen vocación universal, adquiren unha categoría distinta co paso do tempo: pasan a ser escusas",asegurou para sinalar que este manxar é "a gran escusa" para reunirse os domingos.


DESFILE


Trala Intervención de Jabois, o municipio lalinense acolleu o desfile, un dos grandes atractivos principais do evento gastronómico e un dos actos que máis xente congrega en cada edición. Este ano a comitiva estivo dirixida polo actor lalinense Fran Lareu.


O desfile deu paso a outro dos principais actos desta renovada XLVIII Feira do Cocido. Así,a tradicional comida oficial á que acudían numerosas autoridades deu paso a un Cocido Solidario no hotel Torre do Deza.

relacionada Lalín celebra a Feira do Cocido
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE