#Claves de la semana

O BNG ponse en mans da militancia

O voceiro nacional, Xavier Vence, confía na militancia para determinar o "alcance, profundidade e o ritmo da refundación"



|


O Consello Nacional do bloque xa fixo as súas propostas, é o turno das asambleas comarcais para debatilas ata o vindeiro 15 de febreriro. Será nestas reunións, segundo o voceiro nacional Xavier Vence, nas que se determinará como debe o BNG encarar o seu futuro nun momento "especialmente delicado". 


Sobre a mesa está o documento elaborado pola liña oficial do partido, máis conservador, que aboga por pactar só con partidos netamente nacionalistas de cara ás eleccións autonómicas. Pero tamén se aceptaron outros dous documentos, un deles elaborado polas deputadas autonómicas Carme Adán e Tereixa Paz e, o outro, por Alba Nogueira. Estas dúas propostas, abertas ao debate das comarcais, abogan por abrirse a outro tipo de formacións como as mareas. 


Estas son as tres propostas que se debatirán nas asambleas comarcais, nun proceso que culminará nunha Asamblea Xeral celebrada o 28 de febreiro, á que Vence xa anunciou que non se presentará. Alí serán os militantes os que deberán decidir o "alcance, a profundidade e o ritmo" da refundación do partido. 


Por iso o aínda voceiro nacional quixo facer un chamamento a todos os militantes a participar neste proceso, afirmando que "cada persoa individual ten todo o poder e toda a responsabilidade para introducir os cambios", para que o BNG sexa unha forza determinante na vida política de Galicia. 


Vence quixo deixar claro que, máis aló das diferencias, existe un fío condutor común: o convencemento de que Galiza precisa un proxecto nacionalista. “Ten que ser o BNG quen tome as decisión valentes para que este país teña un proxecto nacionalista con aspiración de ser forza determinante para reorientar as políticas económicas e sociais e para facer do autogoberno unha ferramenta clave”, argumentou.


SITUACIÓN DIFERENTE A 2012


Xavier Vence recoñece que estamos nun momento "delicado" para o Bloque, pero non cree que se viva "ningún tipo de convulsión nin movemento" como os ocurridos no entorno da asamblea de 2012. 


Naquel momento a militancia do BNG dividiuse en dous bloques, nunha polarización que acabou coa saída de destacados compoñentes nacionalistas como Xosé Manuel Beiras. 





relacionada As tres sensibilidades do BNG debatiranse nas asambleas comarcais
relacionada O BNG comeza a perfilar o seu futuro
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE