#Claves de la semana

Os partidos galegos recoñecen a situación de bloqueo para formar Goberno en España

Os voceiros de PPdG, PSdeG, AGE e BNG coinciden en que neste momento calquera opción é posible, non descartan unhas novas eleccións


|


A situación de bloqueo que se vive para formar Goberno en España está completamente asumida polos partidos galegos. PPdG, PSdeG, AGE e BNG coinciden en que neste momento calquera solución é posible, sen descartar en ningún caso que se teñan que acabar convocando novas eleccións. 


O voceiro parlamentario do PPdG, Pedro Puy, recoñece que "calquera solución é posible", admitindo que estamos nunha "situación de bloqueo" . Considera que os partidos que apostan polo "modelo de construcción europea, a estabilidade do país e a estabilidade territorial deberían porse de acordo", en clara referencia a un posible pacto entre PP, PSOE e Ciudadanos. 



Pola súa banda o voceiro dos socialistas, José Luis Méndez Romeu recoñece que estamos ante unha situación cun "resultado complicado". Considera que se lemos os programas electorais existen "bases para un acordo de mínimos" con Ciudadanos e con Podemos", aínda que tamén critica ao líder de Podemos, Pablo Iglesias acusándoo de ter "uns principios de plastilina". 


O voceiro de AGE, Antón Sánchez, coincide en que "todo está no aire, non podería decir se hai posibilidades doutras eleccións". En todo caso, insiste en que dende En Marea ten a man tendida para "ofrecer solucións alternativas" con quen queira "articular unha alternativa". 


Por último o voceiro do BNG, Francisco Jorquera é un dos máis duros na súa valoración do actual panorama político. Considera "a pregunta do millón" se haberá novas eleccións, e acusa aos catro líderes das forzas políticas estatales dun "exceso de política partidista" que os fai esquecer o interese xeral. 


PEDRO SÁNCHEZ, DISPOSTO A FORMAR GOBERNO


Mentres tanto, en Madrid Pedro Sánchez trasladoulle ao Rei que está "disposto a intentar formar goberno" se Mariano Rajoy volve a renunciar esta tarde a o que os socialistas consideran que é a súa obriga. 




Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE