A rehabilitación do Castelo de Pambre engade unha parada obrigada no Camiño
A finalización das obras de rehabilitación do Castelo de Pambre converte a esta edificación nun novo referente patrimonial no Camiño de Santiago e nun novo reclamo turístico da provincia de Lugo.
A finalización das obras de rehabilitación do Castelo de Pambre converte a esta edificación nun novo referente patrimonial no Camiño de Santiago e nun novo reclamo turístico da provincia de Lugo.
As obras de rehabilitación, cun investimento de máis de 2 millóns de euros, incluiron intervencións arqueolóxicas, a recuperación dos muros, o acceso a todas as zonas importantes de fortificación e a rehabilitación da zona residencial.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe o monumento, recordando que tamén se realizaron varias actuacións complementarias para mellorar a iluminación e facer máis segura a visita do monumento.
Así, colocáronse varandas nos desniveis do recinto, "encamiñadas a realizar os percorridos adaptados de xeito máis seguro". Tamén se instalou un sistema de iluminación led que permite a visita do castelo en horarios nos que a luz diurna non acompaña.
CENTRO DE INTERPRETACIÓN
O monumento contará cun espazo destinado a Centro de Interpretación do Castelo, o cal estará integrado en catro salas distintas. A primeira sala integrará a proxección multimedia e a seguinte ilustrará a relación do Castelo co medio físico e natural facendo fincapé co vínculo que ten co Camiño de Santiago.
Na terceira sala incorporarase a información sobre a Idade Media Galega relacionada coas familias nobiliarias e o poder eclesiástico e finalmente a última sala destinarase ao propio Castelo e a súa historia ata os nosos días.
Escribe tu comentario