Requisan preto de dúas toneladas de peixe e marisco furtivos


|


Os gardacostas galegos requisarón 1,8 toneladas de peixe e marisco, ademais de 237 aparellos de pesca, en diferentes operativos contra o furtivismo realizados no litoral galego nos últimos días.



As operacións máis relevantes con diferencia tiveron lugar na ría de Muros e Noia, onde o persoal de Gardacostas requisou 1.773 quilos de diversas especies e incautou 3.600 metros de artes de enmalle e 69 artes de pesca. O operativo máis destacado tivo lugar na reserva mariña de Os Miñarzos, onde os inspectores se fixeron con 1.755 quilos de produto.



Por outra banda, na ría de Arousa realizáronse varios operativos que deron como resultado o comiso de máis de 51 quilos de diversas especies e a incautación de 140 aparellos de pesca e 200 metros de artes de enmalle. A actuación máis relevante foi nun control realizado na zona de Sálvora, onde se incautaron 111 nasas de polbo, 22 de centolla e 7 de choco, todas sen identificar.



Na ría de Vigo tamén se realizaron distintas actuacións que derivaron na aprensión de 15 quilos de peixe e marisco, 150 metros de artes de enmalle e 11 útiles de pesca. Ademais, nun control realizado na zona do Couto, en Ferrol, os axentes requisaron preto de tres quilos de ameixa babosa e na ría de Ares-Betanzos fixéronse con 17 nasas de nécora.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE