#Claves de la semana
XANTAR AFIRMASE COMO UN CENTRO INTERNACIONAL DE NEGOCIOS

Xantar estreita a cooperación transfronteriza entre Galicia e Portugal

O venres foi o día adicado ás Cámaras Municipais de Ponte de Lima, Ponte da Barca e Braga e contou coa presenza do Seceretario de Estado das Comunidades Portuguesas, José Luis Carneiro


|

Cooperación transfronteiriza e interrexional. Estas foron as palabras máis repetidas durante esta terceira xornada de Xantar nas que quedou patente que o Norte de Portugal aposta polo salón como escaparate promocional dos seus recursos enogastronómicos, para fortalecer o turismo de proximidade e as relación comerciais coas empresas galegas. 


Durante o acto central de hoxe quedaron patentes as boas relacións existentes entre as dúas áreas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, “a máis dinámica da Unión Europea”, tal e como explicou o Secretario de Estados das Comunidades Portuguesas, José Luis Carneiro. A presenza masiva de cámaras municipais e empresas de Portugal nesta edición pon de manifesto que Xantar facilita o establecemento de novas relacións de cooperación transfronteiriza. Vencellado con isto, celebrouse hoxe no salón o dia adicado a Ponte de Lima, Ponte de Barca e Braga e á Freguesía de Freamunde, en Paços de Ferreira, que está irmanada do Concello de Vila de Cruces, que tamén celebrou hoxe seu día en Xantar.



Hoxe foi tamén o día adicado ó Mar que estivo representado polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Juan Maneiro, quen destaco una súa intervención “a importancia da feira Xantar como plataforma promocional dos produtos do mar de Galicia a nivel nacional e internacional”. Destacou ademáis que “a nosa comunidade é a mellor tenda gourmet de España e que así o acreditan os nosos produtos do mar e da terra” e resaltou “o prestixio dos produtos alimentarios galegos e destacou que o nome de Galicia asociado á gastronomía é sinónimo de calidade, tradición e autenticidade”. Pola súa parte, o secretario xeral da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e mariscos (ANFACO), Juan Vieites, destacou que “as conservas de productos do mar de Galicia expórtanse na actualidade a 127 países”.


Centro de Negocios Internacional


A visita de empresarios dos sectores da hostalería e a gastronomía de México, Costa Rica e Portugal, está a abrir novas oportunidades para as empresas galegas destes sectores como puido verse nesta xornada coa celebración de varios encontros de negocio entre empresas galegas cos representantes deste países.


Durante esta terceira xornada de Xantar 2016 continuaron as actividades do 11º Encontro Internacional sobre Dieta e Saúde nas que están a participar prestixiosos chefs galegos, portugueses, mexicanos e costarricenses. O Mar e os seus produtos foron tamén os protagonistas destas actividades xa que se impartiu un obradoiro didáctico de cociña con conservas de peixe e marisco que contou coa colaboración de ANFACO, un showcooking organizado pola Consellería do Mar e que correu a cargo de Flavio Morganti que elaborou varios pratos: Evolución de atún, Sardiñas crocantes á provenzal, Mar e Montaña con Mexillón de Galicia e Castaña de Galicia vs laranxas. Para acompañar a cata destes pratos houbo viños da D.O. Ribeiro. E vencellado con Portugal, hoxe realizáronse exhibicións de cociña de Braga, Montalegre en colaboración cos Escola de Hotelaría e Turismo do Douro ou de Ponte da Barca.


Durante esta xornada tamén se impartiu unha conferencia sobre riscos laborais no sector da hostalaría que correu a cargo do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e outra sobre “Gastronomía sostible en Costa Rica, un reto como produto turístico” que foi pronunciada polo coordinador executivo do Plan Nacional de Gastronomía deste país, Alejandro Madrigal.


No referente ó programa de presentación destacou a da 49ª edición da Feira AGRO de BRAGA que volverá contar con Galicia como convidado especial e que se celebrará entre o 31 de marzo e o 3 de abril ou o 50º aniversario da Festa do Xamón de A Cañiza que terá lugar o 15 de agosto. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE