Raquel Arias e Elena Candia disputaranse a sucesión de Barreiro

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, disputaralle a Elena Candia o liderazgo dos populares de Lugo, despois de que José Manuel Barreiro anunciara a súa renuncia.  

|


A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, disputaralle a Elena Candia o liderazgo dos populares de Lugo, despois de que José Manuel Barreiro anunciara a súa renuncia. 


Despois dun proceso de reflexión e de que varios compañeiros a animaran a dar o paso, Arias decidiuse a pugnar coa alcaldesa de Mondoñedo e voceira provincial do partido. 


Non o terá fácil, Candia oficializou a súa candidatura pouco despois de que Barreiro anunciase a súa saída. Presenta como vicepresidente na súa lista ao subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, e ninguén dubida de que conta coa absoluta confianza do seu predecesor no cargo. 


Arias, pola súa banda, conta cunha ampla traxectoria política como aval. Xa se postulou para presidir a Deputación no seu momento, aínda que finalmente foi Candia a que ocupou este posto durante un breve período.


O seu peso político como delegada da Xunta en Lugo levou a moitos a identificala entón como a candidata de Alberto Núñez Feijóo, aínda que este lanzou para o proceso que agora está en marcha reiterados mensaxes de imparcialidade.


Natural da localidade lucense de Sober, Raquel Arias (1966) é xornalista, estudou na Universidade Complutense de Madrid e, de volta a Galicia, traballou para varios medios, ademais de ocupar postos de comunicación institucional ata o ano 1999.



No ano 99 tomou as rendas do Concello de Sober como alcaldesa baixo as siglas do PP, cargo que ocupou durante unha década. Tamén foi deputada e ocupou varios cargos orgánicos no seu partido.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE