O PSdeG presenta condicións para apoiar a "lei express" de urbanismo
Piden engadir un periodo de exposición pública e variar o mecanismo que regula as expropiacións

En principio os socialistas apoiarán o plan B da Xunta para desbloquear proxectos como a ampliación de Citroën, esa nova lei cun único artigo que abre á porta á construcción de proxectos de especial interese público sen ter en conta o PXOM.
Como condición para contar cos seus votos pídenlle aos populares que acepten as súas enmendas, coas que buscan cambiar principalmente dous temas. Por unha banda, queren engadir un periodo de exposición pública para que os cidadáns poidan consultar os proxectos, evitando que xurdan irregularidades no proceso de execución. Propoñen que se utilicen os 15 días que na práctica os alcaldes para avalar os proxectos, garantindo que non se perda tempo debido á exposición pública.
Por outra banda, solicitan que o beneficiario das expropiacións vinculadas a esta lei poida variar, permitindo que os concellos non teñan que cargar co custe final. No caso de Citroën, creen que o máis axeitado sería que os costes repercurtisen sobre Zona franca, propietaria dos terreos, ou da propia factoría.
Os socialistas vehicularán estas propostas a través dunha enmenda á totalidade, o único mecanismo admitido no procedemento de lectura única. Se os populares deciden aceptala, poderán contar cos votos dos socialistas.
Se os populares deciden non aceptar as modifiacións propostas polo PSdeG, os socialistas xa anunciaron que tampouco votarían en contra, polo que probablemente optarian pola abstención. En calquera caso, o PPdG ten garantida a aprobación da nova lei grazas á maioría absoluta que ostenta no Parlamento de Galicia.
Escribe tu comentario