#Claves de la semana
COMUNICOU O SEU CONCERTO, EN MADRID, NO TEATRO JOY ESLAVA O PROXIMO DIA 26 DE FEBREIRO

Xosé Manuel Budiño recibe en Madrid a "Vieira de honra a calidade artística 2016"

O galardón foi entregado o artista no transcurso da Gala de celebración do Capítulo Xeral Ordinario correspondente a 2016

 

|


Carlos de Blas, coordinador da EOV, Xosé Manuel Budiño, co diploma e trofeo acreditativo do premio e Pilar Falcón, presidenta do Club de periodistas galegos en Madrid.


Xosé Manuel Budiño, recibiu este sábado en Madrid "Vieira de honra a calidade artística 2016", otorgada pola Enxebre Orde da Vieiraunha das máis prestixiosas entidades galegas na emigración.


O galardón foi entregado ó artista no transcurso da Gala de celebración do Capítulo Xeral Ordinario correspondente a 2016, celebrada no Hotel Meliá Castilla de Madrid e que contou coa asistencia de mais de 300 persoas, entre elas, membros de Centros Galegos da diáspora, como Nova York, Nova Jersey, Porto Rico e Miami -a EOV xa conta con representación en 24 países de tres continentes, Europa, América e Asia- .


Un éxito rotundo, como de costume. Así cabe cualificar a celebración, a noite do pasado sábado, do XLIX Capítulo Ordinario da Enxebre Orde da Vieira.


Numerosas personalidades do mundo empresarial, a cultura, a política e a ciencia, déronse cita nesta singular festa da galeguidade, que cada ano regálanos a EOV grazas o inestimable traballo da súa Xunta Directiva e moi especialmente do seu coordinador, Carlos de Blas.


As palabras de inauguración estiveron a cargo do Gran Canciller da Orde, Enrique Santín, quen lanzou un emotivo discurso os alí presentes no que rememorou importantes fitos alcanzados na historia da Orde, así como a importancia dos pobos suevos no noso carater......


Nesta ocasión, a Orde da Vieira outorgou os seus premios e recoñecementos anuais nunha gala conducida, como de costume, polo comunicador e mestre de cerimonias, Xosé Luís Branco Campaña. Estaban presentes, entre outros, Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral dá Emigración da Xunta; secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez e José Ramón Ónega, delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia. 


RECONOCEMENTO


A Vieira de Honra á Calidade Artística foi entregada á Xosé Manuel Budiño, de Moaña (Pontevedra).


O artista pontevedrés, diu as gracias os membros da Enxebre Orde, e manifesteou sentirse moi honrado pola valiosa distinción recibida, interpretando duas creacions a continuación.


Antes de retirarse anunciou os presentes o seu Concerto no Teatro Joy Eslava do vindeiro venres 26 de febreiro. 


Biografía do premiado


Budiño é un artista atípico, un compositor que desperta admiración entre aqueles que escoitan e ven a sua evolución en directo arriba do escenario, un creador fascinante que enraíza a súa música na tradición galega mesturada sutilmente cos sons máis contemporáneos, un músico co seu “sotaque”


Ten publicado ata agora seis traballos discográficos, sendo o último SOTAQUE.


As súas creacións, os seus espectáculos en vivo, son recoñecidos mundialmente pola crítica especializada e afianzados con premios de prestixio entre a profesión.


O músico de Moaña, ten levado as súas composicións por todo o planeta, enchendo teatros de público ávido de gozar coas súas actuacións. Cidades como Shanghai, Damasco, Beirut, Casablanca, Tanger, Frankfurt, Milán, Glasgow, Bos Aires, Bogotá o México D.F. poden dar boa conta diso.


Formado na Escola de Gaitas Semente Nova de Moaña e na Universidade Popular de Vigo. Descobre o Laboratorio de Creatividade Musical de Jazz en Vigo, ao mesmo tempo que a súa paixón pola composición. Despois de traballar no eido da música tradicional galega durante anos, explora outras canles artísticas tocando a cotío con músicos de jazz, de clásica, de pop ou de flamenco e compartindo cartel e escenario con artistas como Van Morrison, Jerry González, Jorge Pardo, Capercaillie ou a Orquestra Sinfónica de Lorient entre outros. 



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE