#Claves de la semana

Comeza a apelación do caso Asunta

O avogado que exerceu a acusación popular, Ricardo Pérez Lama, xa asegurou que non ve "motivo real" para revocar a sentenza:


|


Este martes os pais de Asunta Basterra presentan os seus recursos de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Rosario Porto e Alfonso Basterro recurren por separado o veredicto de culpabilidade emitida polo xurado o pasado 12 de novembro, que os condena a 18 anos de prisión considerando pobrada a súa participación na morte da súa filla. 


Polo de agora, o avogado que exerceu a acusación popular, Ricardo Pérez Lama, xa asegurou que non ve "motivo real" para revocar a sentenza: "ningunha circunstancia que alegan é entendible. Ambos son culpables" asegurou. 


A avogada de Alfonso Basterra, Belén Hospido, recurriu a sentenza alegando que o seu defendido fora condenado "sen proba algunha de cargo válida" e obviando "contraindicios relevantes". Considera que se vulnerou o dereito á "presunción de inocencia", quebrantando "normas e garantías legais". 


Do mesmo xeito, o letrado de Rosario Porto, José Luis Gutiérrez Aranguren, tamén pediu a absolución da súa defendida por "falta de proba", adiantando que podería reclamar a "nulidade do xuízo". 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE