#Claves de la semana

A xuíza estreita o cerco sobre Baltar

Mantén a súa citación como investigado por suborno, admitindo a consideración da muller que o denunciara como suposta prexudicada por acoso sexual


|



A xuíza que leva o caso Baltar estreita o seu cerco, desestimando os recursos presentados pola Fiscalía e polo propio presidente da Deputación de Ourense e mantendo a citación de Manuel Baltar como investigado por presuntos delitos de suborno e tráfico de influencias. 


Pero e que ademais, tamén engade a consideración de suposta prexudicada por acoso sexual para a muller que o denunciou, que ata agora estaba citada tan só como investigada. Esta decisión reforza a posibilidade de que a causa siga adiante, xa que habilita a esta muller para exercer a acusación particular, nun caso no que a fiscalía xa deixou clara a súa postura. Ata agora, o único que parecía manter o caso aberto era a acusación popular de Democracia Ourensana. 


Ambas citacións están fixadas para o vindeiro 10 de marzo. A xuíza tratará de determinar se houbo un delito de acoso sexual, como mantivo dende o primeiro momento a denunciante, asegurando que Baltar lle ofrecera un emprego a cambio de sexo. Tamén terá que determinar se existiu un delito de suborno e tráfico de influencias por parte dos dous investigados. 



relacionada A xuíza estreita o cerco sobre Baltar
relacionada Democracia Ourensana no dejará morir el caso Baltar
relacionada El fiscal atribuye la denuncia de Baltar a una venganza personal
relacionada Citan como investigados a Baltar e á muller que o denunciou por acoso sexual
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE