#Claves de la semana

O Sergas deberá pagar 700.000 euros por un parto mal atentido

O TSXG considera que o hospital de Ourense provocou unha "gravísima parálise cerebral" como consecuencia da tardanza en practicar unha cesárea



|


O Sergas deberá indemnizar con 700.000 euros á familia dunha nena pola mala praxe nun parto no hospital de Ourense. O TSXG estimou o recurso de apelación presentado polo letrado da Asociación de Erros Médicos da Coruña, Alfonso Igrexa, estimando que a nena padece unha "gravísima parálise cerebral con secuelas irreversibles e con durísimo porvir".como consecuencia da tardanza en practicarlle unha cesárea á súa nai no CHUO. 


O tribunal entende que existe "unha relación de causalidade entre a asistencia sanitaria prestada e o resultado dañoso producido", cun inadecuado control do benestar fetal durante o parto da paciente.


Asegura que ante unha situación de "máxima gravidade" como a que presentaba a nai, non había nada que xustificase o atraso de 10 minutos na indicación da cesárea e de 20 na súa práctica. 


A paciente ingresou no CHUO sobre as 5 da mañá do 6 de agosto de 2011, con síntomas de parto dende as once da noite do día anterior. Máis de 17 horas despois de ingresas, ás 22:15 decidiuse practicarlle unha cesárea urxente por perda de benestar fetal, polo que se deu aviso aos xinecólogos de garda ante as alteracións cardiotocográficas detectadas. Tras abrirlle o peritoneo comprobouse que o feto estaba aloxado na cavidade abdominal xa que se produciu unha rotura uterina que, segundo o fallo xudicial, non se detectou a tempo porque o control da nai debeu "ser máis rigoroso".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE