#Claves de la semana
OURENSE

O CPEIG apoia a iniciativa de "Provincia Intelixente" que impulsa a Deputación de Ourense

O presidente do goberno provincial e o titular dos informáticos galegos asinaron un convenio de colaboración en materia de innovación tecnolóxica


|

Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) apoia a iniciativa de “Provincia Intelixente” que promove a Deputación de Ourense, que ten como obxectivo desenvolver servizos e proxectos innovadores na administración pública aplicados ás xestións dos concellos e dos cidadáns, para facilitarlles os trámites e achegarlles solucións innovadoras ás súas necesidades


Así o expresou o pasado xoves Fernando Suárez, presidente do CPEIG, na reunión que mantivo no Pazo Provincial con Manuel Baltar, na que ambas as dúas institucións asinaron un convenio de colaboración en materia de innovación tecnolóxica.


Fernando Suárez afirmou que co concepto de "Provincia intelixente" "ábrese un amplo campo de posibilidades no ámbito da innovación dos servizos aos cidadáns, tanto no que atinxe a sensibilización tecnolóxica, formación, investigación e información", e agradeceu a iniciativa do presidente Baltar destacando que a provincia de Ourense "está a liderar iniciativas de servizos tecnolóxicos co fin de facilitar trámites para os cidadáns, sexa cal sexa o lugar onde residan".


Precisamente, o acordo asinado ten por obxecto colaborar e desenvolver conxuntamente entre Deputación de Ourense e CPEIG en actividades tecnolóxicas formativas, divulgadoras e investigadoras "para favorecer a transferencia de experiencias e coñecemento a prol da modernización dos servizos, compartindo coñecementos en materias como a innovación, a tecnoloxía e a administración electrónica, algo clave na sociedade actual na que vivimos, na que a distancia para realizar calquera xestión administrativa ten que ser a que separa a man do peto, onde temos o noso dispositivo electrónico", afirma Manuel Baltar, quen considera que unha Administración "ou é electrónica ou non o é".


O convenio de colaboración contempla tamén sensibilizar ás empresas dos beneficios que lles pode achegar a aplicación da investigación tecnolóxica ao seu proceso de produción, axudando a facela máis competitiva; e favorecer a información sobre servizos intelixentes administrativos, cara ao seu coñecemento pola cidadanía.


Ademais, Deputación de Ourense e CPEIG desenvolverán contidos formativos sobre produtos, servizos e aplicacións intelixentes para o sector empresarial, ás administracións locais e os cidadáns, e promoverán actividades investigadoras fomentando a colaboración coa universidade nos eidos da Informática e as Telecomunicacións.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE