#Claves de la semana

Facenda busca consensuar a estratexia económica galega

A consellería de Facenda intentará consensuar coa oposición o plan estratéxico de Galicia para o período 2015-2020, co obxectivo de conseguir un documento "de país", segundo indicou o conselleiro Valeriano Martínez.


|


A consellería de Facenda intentará consensuar coa oposición o plan estratéxico de Galicia para o período 2015-2020, co obxectivo de conseguir un documento "de país", segundo indicou o conselleiro Valeriano Martínez.


O texto presentado pola Xunta será debatido nunha comisión do Parlamento de Galicia, que analizará os "10 grandes retos" que se fixa nel, empezando por lograr un crecemento económico "sostido" con avances maiores ou na contorna do 2,5% durante os vindeiros anos.  


O texto tamén aspira a ser "aberto e vivo" e reflexo dun goberno "que planifica" e por tanto "non improvisa", o conselleiro apuntou ao propósito de crear 100.000 empregos ata 2020; e en terceiro termo referiuse á intención de multiplicar por dúas o gasto en I+D.


En cuarto e quinto lugar, indicou que se pretende reducir a taxa de abandono escolar e conseguir que un 47% das persoas de entre 30 e 34 anos teñan estudos superiores.


En sexto, a diminución da poboación en risco de exclusión social e pobreza; en sétimo, a baixada da emisión de gases de efecto invernadoiro; en oitavo, un aumento do uso de enerxías renovables; en noveno, aproximarse á taxa europea de 1,58 fillos e a décima "converxer en oito puntos" en canto ao nivel de PIB per cápita.


Precisamente o venres deuse a coñecer o informe segundo o cal Galicia sitúase nun 80% do PIB per cápita medio europeo, con 19.700 euros en 2014.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE