#Claves de la semana

Os sindicatos lamentan que Europa manteña a incerteza sobre o tax-lease

Critican un recurso con "nulas posibilidades de prosperar", co único obxectivo de "gañar tempo" e "non recoñecer o propio erro"


|


Os sindicatos do sector naval lamentaron a decisión da Comisión Europea de presentar un recurso ante a sentenza que valida a legalidade do antigo tax-lease español, entendendo que impide "pechar o capítulo" e mantén a "incerteza" sobre o sector.  


O voceiro de CCOO, Ramón Sarmiento, lamentou que dende Bruselas non estivesen dispostos a "saír do que é o seu guión", recurrindo todo ata a última instancia e alargando un proceso no que se investiu un tempo "esaxerado". Confía en que o recurso ten "nulas posibilidades de prosperar", xa que a sentenza que legaliza o antigo sistema de financiamento "entrou a valorar o fondo da cuestión e valorou axustados a dereito todos os instrumentos do antigo tax-lease"., e por iso insistiu en que no sector agradecesen "" que Bruxelas rectificase a decisión do anterior comisario.


Pola súa banda, Ana Belén Valiño, de UXT, comunicou que o recurso se atopaba "dentro das previsións", aínda que confiaban en que finalmente non se fixese efectivo xa que supón "seguir alongando un proceso que prexudicou a todos: Traballadores, estaleiros, e cidades como Vigo". Segundo dixo, espera que a Corte Suprema do Tribunal da UE ratifique a sentenza do Tribunal de Luxemburgo pero permanecerá á espera de ver como se resolve.


Na mesma liña que os outros portavoces, o representante do sector na CIG, César Rodríguez, arremeteu contra a Comisión por esperar "ata o último minuto" para presentar un recurso que entende como unha estratexia para "gañar tempo para non recoñecer o seu propio erro, para que non se poidan solicitar indemnizacións e para que non se recupere o sector".

relacionada Bruselas no acepta la legalización del antiguo tax-lease
relacionada El Naval recupera el “Tax-free”, pero no los más de 8.000 puestos de trabajo perdidos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE