A Semana Santa dará un respiro a preto de 16.000 parados

A empresa de recursos humanos Adecco prevé que se creen un total de 15.799 postos de traballo, ofrecéndolle un emprego provisional ao 7% dos galegos que se atopan actualmente nas listas do paro. 



|


Achégase a Semana Santa e con ela a primeira gran campaña de contratacións do ano. O turismo impulsará as contratacións de camareiros, cociñeiros, limpiadores de hoteis... A empresa de recursos humanos Adecco prevé que se creen un total de 15.799 postos de traballo, ofrecéndolle un emprego provisional ao 7% dos galegos que se atopan actualmente nas listas do paro.


No conxunto de España, a tendencia tamén será positiva. Adecco conta con que se realizarán preto de 400.000 contratos na campaña de Semana Santa, algo que supón un incremento interanual do 14,1%. En concreto, 7 de cada 10 destes contratos realizaranse en Andalucía, Cataluña, Murcia, Madrid e Valencia, que un ano máis copan a atracción de turistas durante a Semana Santa.


Como cada ano hoteles, bares e restaurantes protagonizan o aumento da contratación, que aumentará nun 20% nestes sectores. Porén, tamén se prevé un aumento do 20% no sector da automoción, donde tradicionalmente se incrementan as vendas nesta época do ano. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE