Os galegos queren que o PSOE pacte co PP

|


A gran coalición é a aposta preferida dos galegos para saír da actual situación de bloqueo, segundo unha enquisa realizada por Sondaxe para La Voz de Galicia. 


Segundo os datos desta enquisa, un 40,4% dos galegos optaría por un pacto entre PSOE, PP e Ciudadanos, frente a un 24,4% que preferiría un pacto de esquerdas entre PSOE, Podemos, IU e Compromís. En terceiro lugar estaría a proposta de Pedro Sánchez dun goberno transversal que integrase a PSOE, Podemos e Ciudadanos, unha opción que só apoian un 13% dos cidadáns enquisados. 


En todo caso, o que parece claro segundo os datos desta enquisa é que os galegos preferirían que se desbloquease a situación e non se tivesen que repetir as eleccións. Un 59,8% dos enquisados preferirían que se formase Goberno mediante algún tipo de pacto. 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress