#Claves de la semana

As contas de Santiago superan a súa reválida

Santiago convértese na primeira cidade gobernada polas mareas que consegue aprobar as súas contas


|


As contas de Santiago mantivéronse no aire ata o último momento. O PSdeG e o BNG agocharon as súas cartas ata o propio pleno de aprobación de orzamentos, pero finalmente decidiron absterse permitindo que Martiño Noriega (Compostela Aberta) saque adiante os seus orzamentos, convertendo a Santiago na primeira cidade gobernada polas mareas que consegue aprobar as súas contas. 


Tanto socialistas como nacionalistas responderon á petición de "responsabilidade" lanzada por Noriega. Pero fixérono con reservas, os voceiros Paco Reyes e Rubén Cela amosáronse críticos coas contas, advertindo que non sa facían "corresponsables" do que se fixese con elas. O alcalde de Santiago respondeu asegurando que Compostela Aberta se faría cargo da "tutela" e aplicación das contas. 


Pola súa banda, o PPdG votou en contra, asegurando que non eran "os orzamentos que necesita Santiago de Compostela". O voceiro popular Agustín Hernández falou de "uns orzamentos decepcionantes", espetándolle ao alcalde que a súa presenza no concello aínda non se notou "en nada, de nada, de nada". 



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE