#Claves de la semana

Beiras: "Se un non se indigna non está realmente sintonizando cos cidadáns"


"Por enriba das normas está a xustiza, a ver se aprenden dunha puñetera vez", dixo tras considerar que os populares se riran da iniciativa que presentou o seu grupo para rescatar o Hospital de Vigo.



|


Xosé Manuel Beiras non se arrepinte en absoluto de imprecar directamente ao parlamentario popular Miguel Tellado tralo debate sobre o "rescate" do hospital de Vigo, pese a que rematou expulsado do pleno por esta acción. O líder de AGE está convencido de que a "xente que se indigna de verdade se sinte resarcida polo feito de que alguén que di que os representa e que quere representalos se indigna como eles". 


"E eso é o que fixen. Por enriba das normas está a xustiza, a ver se aprenden dunha puñetera vez", dixo tras considerar que os populares se riran da iniciativa que presentou o seu grupo para rescatar o Hospital de Vigo. 


O voceiro de AGE advertiu que se está "facendo pitorreo dos dereitos dos cidadáns", asegurando que este mércores defendeu "en tono absolutamente de raciocinio, sen levantar a voz, o resultado dun proceso de traballo de moitas semanas para desgranar todo o proceso perverso da concesión do novo hospital de Vigo".


Por iso lamenta que "se tome a pitorreo" a cuestión e se faga "caso omiso" das demandas dos cidadáns. "Se despois de todas estas cousas saen a decir cousas disparativas ou ofensivas, ou despreciativas", evidentemente "se un non se indigna non está realmente sintonizando cos cidadáns". 


Beiras cargou duramente contra a "reinvención do Partido Único" dos populares, que lle recorda ao que estableceron "os fascismos do primeiro terzo do s.XX". Considera que están utilizando a súa maioría absoluta para ignorar por completo ao resto dos grupos, que "non existen no parlamento". 


FEIJÓO CONSIDERA QUE BEIRAS BUSCABA PROTAGONISMO


O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, amosouse moi crítico coa actuación do líder da AGE. Asegurou que hai persoas que buscan "un anaco de protagonismo", xa que "o tempo fai que un non esté de moda sempre". 


Asegurou que se sentía "avergonzado como galego" por ver nas cámaras este tipo de actuacións no parlamento galego e insiste en que a peor crise que podería afrontar Galicia sería "un goberno populista". "Se tratan así a un parlamentario na cámara, como tratarían a calquera cidadán que se opoña" ás súas ideas, argumentou. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE