#Claves de la semana

Desconvocan no último momento unha folga en Faurecia

Os sindicatos desconvocaron a folga na auxiliar de Citroën tras chegar a un acordo coa directiva


|


O Comité de empresa de Faurecia Sistemas de Escapes en Vigo decidiu desconvocar a última hora a folga indefinida por horas que tiñan previsto comezar esta semana, tras chegar a un acordo coa dirección que garante "a carga de traballo e emprego para os vindeiros anos". 


Os sindicatos da auxiliar de PSA Peugeot Citroën (CCOO, UXT e CIG) asinaron un acordo que contempla a adxudicación de carga de traballo para o período 2016-2020 e "minimiza a perda do proxecto K9".


Segundo trasladou CC.OO., entre os puntos que se inclúen no convenio contémplase o investimento en tres novos equipos de produción para este ano por valor de 1 millón de euros, así como a asignación da fabricación de catalizadores, silenciadores e compoñentes de escape por un período que non transcendeu.



Ademais, o acordo establece que cos proxectos asignados no período 2016-2020 haberá unha ocupación media adicional de 25 traballadores e o volume mínimo de man de obra directa en 2020 será de 83 traballadores. A maiores, ábrese a porta para negociar o próximo ano a posible prexubilación de 28 empregados de máis de 58 anos cara 2018.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE