#Claves de la semana

​Salvemos Cabana suma argumentos para un cambio na xestión do Dolme de Dombate

Aseguran que as "máis de dúas décadas de conflictos entre administracións e abandono" derivaron na desaparición dunha das principais características do enclave arqueolóxico


|


A plataforma Salvemos Cabana leva tempo reclamando un cambio na xestión do Dolme de Dombate, por iso non resulta extraño que valoren de forma "moi positiva" a iniciativa parlamentaria de AGE para que a Xunta asuma o control do xacemento.


Os ecoloxistas coinciden con AGE en que existen "evidencias máis que suficientes" que certifican que o actual convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o concello de Cabana de Bergantiños non cumpre coas "necesarias medidas de protección do ben cultural".


A plataforma xa denunciou noutras ocasións o deterioro da réplica do monumento ou o excesivo fluxo de visitantes no centro arqueolóxico. Pero agora engaden un novo argumento para arrebatarlle á deputación a propiedade do Dolme de Dombate: aseguran que as "máis de dúas décadas de conflictos entre administracións e abandono" derivaron na desaparición dunha das principais características do enclave arqueolóxico: un pequeno dolme de época anterior ao visitable, denominado "Dombate Antigo", que desapareceu tras "unha sucesión de inundacións e medidas de protección inadecuadas".



Por todas estas razóns consideran impresincible que a Xunta asuma o control do monumento a través da dirección xeral de patrimonio. Pero ademais, tamén recordan que o actual presidente da Deputación, Valentín González Formoso (PSdeG) foi "imputado por presunta prevaricación por parte da Fiscalía, xerando un escándalo sen precedentes pois nin sequera se planteou dimitir". Do mesmo xeito, cuestionan a labor de Xesús Soto (BNG) como responsable de patrimonio por renovar o concello de colaboración co concello de Cabana de Bergantiños sen ter en conta "os informes técnicos negativos do servicio de arquitectura".

relacionada AGE pretende rescatar o Dolme de Dombate dunha xestión deficiente
relacionada ​Dolmen de Dombate, ¿restauración ou maquillaxe?
relacionada Salvemos Cabana considera la cesión de la gestión del Dolmen de Dombate "una tomadura de pelo"
relacionada Salvemos Cabana segue reclamando un cambio na xestión do Dolmen de Dombate
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE