#Claves de la semana

​A oposición eleva a presión sobre Fesan e os seus supostos vínculos co PP

Reclaman unha comisión de investigación e múltiples comparecencias de cargos "relacionados con contratos concedidos a Fesan".


|




Hai unhas semanas os representantes da CIG en San Caetano denunciaban as supostas irregularidades da Fundación de Estudos e Análises (Fesan), que definían como unha "pseudofundación creada por un colega do PP para recibir 10 millóns de euros da Xunta" pese a levar tres anos sen presentar as súas contas.


Usaban como algúns dos seus principais argumentos as vinculacións do primeiro presidente da fundación (Jaime Rodríguez-Arana) co PP e as irregularidades nos cursos de formación detectados polo Consello de Contas. E agora a oposición aumenta a presión reclamando coñecer máis datos sobre a súa suposta relación co partido popular, que lle podería ter valido un “presunto trato de favor transversal" á hora de recibir subvencións e firmar convenios por parte da administración.


Primeiro foi AGE quen reclamou unha comisión de investigación sobre esta fundación. E agora son os socialistas galegos os que presentaron unha contundente petición de comparecencias no parlamento de ata seis conselleiros e catro altos cargos do goberno, todos eles "relacionados con contratos concedidos a Fesan".


A deputada Marisol Soneira asegura que Fesan é unha máis do "rosario de organizacións que teñen como nexo común a utilización de fondos públicos, os contactos coa administración, con trasvase de cargos incluído, e os vencellos políticos co PP".


FEIJÓO DEFÉNDESE FALANDO DE VENEZUELA


Cando foi preguntado por este asunto, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou que resulta "curioso" que a oposición reclamase investigar a fundación Fesan "o mesmo día no que foi de coñecemento xeral que unha das organizacións cun grupo parlamentario en Galicia (en alusión a AGE, que identifica con Podemos) cobrase 7 millóns do Goberno venezolano".


"Probablemente sexa unha casualidade, pero é moi difícil de creer", remarcou o presidente. Dito esto, Feijóo asegurou que se piden información "hai que dala", mantendo que tanto o seu executivo como os grupos que conformaron o anterior goberno bipartito terán que proporcionar os datos e actuar "conforme á legalidade". En todo caso, destaca que "boa parte dos cursos" que se deron a Fesan "vén do Goberno anterior". 




Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE