#Claves de la semana

O PP bloquea a comisión de investigación sobre Fesan

A oposición pedira investigar un suposto trato de favor para esta empresa debido aos seus vínculos co PP


|



A leximitidade das axudas públicas recibidas pola  Fundación de Estudos e Análises (Fesan) está últimamente en cuestión. Primeiro foi a CIG a que denunciou vínculos desta fundación co PP e co Opus Dei, despois a oposición recolleu o testigo reclamando unha comisión de investigación para determinar se houbo un "trato de favor transversal" para unha fundación que recibiu preto de 10 millóns en subvencións para xestionar dende cursos de formación ata centros de día. 


Pero o Partido Popular decidiu utilizar a súa maioría parlamentaria na cámara para bloquear a comisión de investigación solicitada por todos os grupos da oposición. Como argumento, o deputado popular Miguel Tellado, esgrimiu que o Tribunal de Contas archivou as supostas irregularidades detectadas no seu día polo Consello de Contas na fundación. 


Un argumento que non convenceu en absoluto á oposición. Dende o BNG, Tereixa Paz recordou con ironía que durante 25 anos o Tribunal de contas tampouco " viu caso na financiación do Partido popular que agora está sendo investigada e xulgada, mesmo con apertura de xuízo oral”. Sospeita que prefiren que no se investigue o caso de Fesan " para impedir que apareza o nome de Romay Becaría que sempre está detrás de todos os chanchullos da financiación do Partido popular". 


Pola súa banda, a socialista Marisol Soneira instou ao conselleiro de Presidencia a iniciar “de oficio” unha investigación sobre as irregularidades nas axudas concedidas de forma transversal por tódolos departamentos do goberno galego. Puntualizou que o goberno galego “ten recursos suficientes para investigar” as axudas concedidas a un ente “creado por altos cargos dos gobernos de Aznar e Fraga”, acredora de gran número de contratos concedidos polo goberno galego a través do proceso negociado sen publicidade.



Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE