O Seprona retira dous cans a un home de Bueu que os trataba con “extrema crueldade”

|



O Seprona retirou cautelarmente a un veciño de Bueu os seus dous cans, acusándoo de maltrato con “extrema crueldade” aos animais, que foron trasladados ás instalación dunha protectora.


Esta actuación foi posible grazas á unha denuncia que se presentou con imaxes “nas que se pode apreciar a extreme crueldade coa que esta persoa tratraba a dous cans da súa propiedade”, segundo indicou o corpo policial.


O home, de 24 anos, está á espera das dilixencias abertas pola Garda Civil de Cangas. O mozo podería enfrontarse ademais a denuncias administrativas por ter animais potencialmente perigosos, posto que os cans son ‘American Staffordshire’, considerados como raza perigosa.


O dono non posuía os seguros obrigatorios de responsabilidade civil nin tiña os cans inscritos no rexistro municipal.





Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress