#Claves de la semana

Unha cesión do País vasco permite retomar ​a pesca accidental de caballa para artes menores

 Os barcos galegos de baixura poderán aproveitar os exemplares desta especie que caian nas súas redes.


|




Este mércores abriuse de novo a pesca accidental de caballa para artes menores, despois de que a Federación Galega de Confrarías conseguise unha cesión de 120 toneladas por parte da frota vasca.


Unha semana despois de que se pechase a pesca de caballa para artes distintas ao arrastre e ao cerco por esgotarse a cota galega, esta reapertura permite que os barcos galegos de baixura poidan aproveitar os exemplares desta especie que caian nas súas redes.


Aínda así, non hai vía libre, o tope previsto é de 300 quilos por embarcación á semana.


A asociación de armadores de artes menores (Asoar-Armega) segue denunciando a "repartición inxusta" das cotas de caballa e reclaman ao Goberno unha nova distribución "lineal, por embarcación e tripulante".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE