#Claves de la semana

En Marea reclama no Congreso a transferencia da AP-9

Alega que a autoestrada leva 36 de anos de explotación privada con "peaxes totalmente abusivas


|



En Marea acaba de presentar unha proposición non de lei no Congreso para que o Goberno inicie os trámites para transferir a autoestrada AP-9 á Xunta de Galicia, algo que xa reclamaron todos os grupos do Parlamento galego no mes de marzo. 


O motivo alegado é que a autoestrada leva 36 de anos de explotación privada con "peaxes totalmente abusivas" e sen que a concesionaria, Audasa, estea a investir os seus "cuantiosos beneficios" no mantemento e mellora da infraestrutura.


"O negocio é totalmente redondo", critica En Marea, que lembra que a autoestrada está "máis que amortizada a estas alturas" e que, con todo, a concesionaria "continúa incrementando as peaxes, reduce o persoal, non realiza actuacións de mellora e mantemento, non aproba un programa de descontos para usuarios habituais nin adopta medidas ante os enormes atascos nas cabinas de peaxe" que se producen frecuentemente.


UN "AUTÉNTICO CHOIO"


A xuízo da confluencia galega, esta situación supón "un auténtico choio" para Audasa e un gran problema para os galegos ao que o Ministerio de Fomento "non prestou ningunha atención", a pesar de tratarse dunha autoestrada que "vertebra o territorio galego e que non ten ningunha alternativa adecuada.


De feito, o pasado 15 de marzo o Parlamento galego aprobou "por unanimidade" unha proposición de lei demandando a transferencia á Xunta da Autoestrada do Atlántico. Con todo, este tipo de iniciativas autonómicas teñen uns períodos de tramitación no Congreso moi longos, o que se une ao previsible atraso que sufrirá pola probable convocatoria de novas eleccións xerais.


"Este tema debe ser abordado pola Cámara Baixa canto antes", defende En Marea, que por iso solicita ao Congreso que emprace ao Ministerio de Fomento a iniciar os trámites necesarios para proceder a esta transferencia de modo que a AP-9 "poida ser unha autoestrada libre de peaxes".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE