Serafín González, biólogo: "A tramitación ambiental de Corcoesto non se fixo ben a sabendas"

|

(Foto:alertaminera.net)


Días despois de que saíran á luz as graves acusacións da mineira de Corcoesto, adiantadas por Galiciapress, a Sociedade Galega de Historia Natural anuncia que presentará documentos ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que demostran fallas da declaración ambiental que no seu momento avalou a mina. Falamos co presidente da SGHN, o biólogo Serafín González, que nos explica qué pretenden conseguir sacando estes documentos neste preciso momento. 


Gustaríame comezar pedíndolle unha valoración das acusacións da mineira que sacamos á luz esta semana, falando de presións, insinuando peticións de soborno, vaivéns administrativos…


Bueno, vaivéns administrativos está claro que houbo porque pasou de apoiarse o proxecto a paralizalo. Houbo un vaivén. Nós pensamos que foi a gran presión en contra do proxecto o que provocou que a administración cambiara de criterio, nós pensamos que foi por ahí. Despois, as acusacións da empresa poden ser certas… ou poden ser completamente falsas. Pode ser simplemente unha parte da súa estratexia. A empresa tivo un caramelo na boca, para ela, e ao final llo quitaron. Entón, tanto pode ser certo como pode ser unha pataleta.


Porén, no único que parecen coincidir a mineira e a Xunta é en que o motivo esgrimido para paralizar o proxecto é a falta de solvencia e non a presión social.


Eles non o recoñeceron no seu momento e probablemente non o recoñezan nunca. Aparte desa insolvencia económica que parece que sí que a había, houbo o feito incontestable desa enorme presión social. Nós sempre o pensamos, pero non o recoñecen. Din que é sobre todo polo tema económico… Vale, de acordo. Escribiron dereito con renglóns torcidos.


Falades de renglóns torcidos, ademais, porque aparte do que poida decir a empresa vós detectades erros na avaliación ambiental. De feito, decides que ides entregar documentos que o demostran.


Eles o que están a falar é dun correo electrónico no que o máximo dirixente da empresa insinúa, sen realmente acabar de acusar, que en moitas ocasións se tratou dun soborno. Nós sen embargo o que imos amosar é que a tramitación ambiental non se fixo ben a sabendas. Xa sospeitábamos dende hai tempo, que esa tramitación express da avaliación ambiental era algo sorprendente. E logo vimos que houbo cousas que non se fixeron ben, e todo apunta a que non é que non se fixeran ben por un erro. Non se fixeron ben porque se quixeron facer así.


¿Por qué decidides agora entregar esta documentación? ¿Cal é o obxectivo?


Nós esta información tardamos dous anos en conseguila, hai un ano que a temos. O que pasa é que naquel momento o proxecto estaba parado e a empresa falaba de que ía reclamar pero de momento non fixera nada. E agora a empresa o que pretende é un ataque frontal reclamando unhas indemnizacións que a fin de conta teriamos que pagar todos os cidadáns galegos, e incluso podería reclamar a recuperación deses dereitos que tiña e volver a continuar co proxecto. Entendemos que é un momento oportuno para demostrar que esa declaración ambiental da que tanto se gaban eles tampouco estivo ben feita. Os proxectos mineiros deste tipo, en realidade todos os proxectos que son prexudiciais ambientalmente, teñen a costume de reaparecer. Sospeitábamos que o problema de Corcoesto podía reaparecer, por iso o tiñamos gardado. E agora reaparece en vista desta reclamación da empresa, así que nós tamén falamos.


Aparte de Corcoesto, parece que últimamente aparecen outros proxectos mineiros auríferos que afectarían a Zas, Santa Comba… ¿Qué pensades deste tema?


Van a seguir aparecendo proxectos dese tipo mentres o prezo do ouro ou doutros metáis estratéxicos siga incentivando esa búsqueda de xacemento rendible. O proxecto de Corcoesto era o primeiro e o máis grande e o que se demostrou con claridade é que non se poden facer as cousas de calquera xeito, eso debérono de aprender os responsables de Corcoesto e todos os responsables de proxectos semellantes. Se as cousas non se fan ben van atopar enfrente unha oposición cidadá e dos movementos de defensa ambiental. Sobre outros proxectos, haberá que miralo. De momento o de Zas, Santa Comba etc. son solicitudes de exploración, de momento non hai ningún proxecto enriba da mesa. Cando o haxa, cando se nos consulte e se plantexe analizaremos a información e diremos o que consideremos necesario para salvagardar o patrimonio natural dos galegos.


¿Considerades en todo caso que o exemplo de Corcoesto serviu para concienciar á cidadanía dos perigos que pode traer consigo este tipo de actividade extractiva?


Eu penso que serviu, porque hai que ter en conta unha diferencia moi importante que eu sempre salientei dende entón. En Galicia todas as grandes manifestacións e mobilizacións por temas ambientais foron despois da desfeita. Pasou cos vertidos na fosa atlántica, o derrame do Prestige, as grandes vagas de lumes... Sempre foi 'despois de'. O caso de Corcoesto foi o primeiro que foi antes de que sucedera. Paréceme un cambio moi importante. Sei que non foi só por motivos ambientais, senón por motivos sanitarios, perda de postos de traballo… Pero é a primeira vez que se fixo antes de que a desfeita sucedera e eu penso que esa é unha mensaxe importante que debemos aprender tanto os galegos como os que pretendan levar a cabo proxectos como Corcoesto. 



relacionada La minera de Corcoesto cree que se quedó sin oro por no ceder a las “presiones” de la Xunta
relacionada ​Amigos da Terra levará as súas dúbidas sobre Corcoesto á Físcalía
relacionada ​AGE reta a la Xunta a denunciar a Edgewater si sus acusaciones "no son ciertas"
relacionada Salvemos Cabana cree que “se hubiera ahorrado mucho dolor” si la Xunta “hubiera actuado de manera responsable desde el comienzo”

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress