#Claves de la semana

​Almuíña: “Poden manipular os mortos, pero os datos están ahí”

O conselleiro defendeu no parlamento a comisión que autorizaba os tratamentos de hepatite C, insistindo en que actuou sempre en base a “criterios clínicos”


|


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, acudiu ao parlamento para dar conta dos supostos retrasos en tratamentos de hepatite C polos que están investigados dous altos cargos do Sergas. Almuíña quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade, defendendo unha vez máis a actuación da comisión que autorizaba os tratamentos e cargando contra a “demagoxia” da oposición. Deulle a volta ás palabras do socialista Xosé Luis Méndez Romeu, que asegurara hai uns días que poderían “manipular os datos, pero os mortos están ahí”, para afirmar que a oposición podía “manipular os mortos, pero os datos están ahí”.


Almuíña defendeu a actuación de Galicia antes e despois da posta en marcha do Plan Nacional que regulou o acceso aos novos medicamentos da hepatite C. Asegura que a comisión encargada de autorizar os fármacos avaliou de forma anónima cada caso, “pensando sempre na mellor alternativa para os nosos pacientes” e autorizando 1137 dos 1150 casos que lle chegaron, o 99%. Asegura que só rexeitaron 13 que “non cumprían os criterios clínicos” e que ningún deles é un dos que está investigando a xustiza. “O argumento de que se negaban por motivos orzamentarias é falaz”, rematou.


As palabras do conselleiro foron recibidas con dureza polo conxunto da oposición. Montse Prado (BNG) foi a máis dura, chegando a considerar á Xunta como un “gobernó de psicópatas que son conscientes do dano que están a facer”, unha expresión que foi retirada do diario de sesións da cámara. Pero a deputada non se arredou, considerando que os falecidos parecían ser observados como “danos colaterais amortizables” na estratexia da Xunta de ofrecer “nichos de negocio a empresas privadas”.


Pola súa banda, Carmen Acuña (PSdeG), acusou ao gobernó galego de montar “unha comisión de afíns” para “aforrarse os cartos” dilatando os procedementos. Cuestiona as cifras de pacientes atendidos ofrecidas polo conselleiro e expón como proba evidente de que as cousas se fixeron “mal” é que houbo persoas que faleceron sen recibir o tratamento.


Eva Solla (AGE) denunciou a “falta de empatía” do gobernó, denunciando a “temeridade” de Almuíña por defender unha xestión da anterior conselleira (Rocío Mosquera) que reatou “con esa conselleira na rúa”, asegurando que o criterio sempre foi económico. Finalmente, Chelo Martínez (Grupo Mixto) considerou “insultante” a intervención do conselleiro, acusando ao gobernó de manipular “indecentemente” os datos. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE