Selfies con fans e berros de guapo. Feijóo entra en campaña

O líder da Xunta deuse un baño de multitudes este xoves na feira e Concurso Cabalar do mercado de Amio


|


Oficialmente, a campaña aínda non comezou, nin para as xerais do 26-J nin moito menos para as autonómicas de outono. 

Pero dende logo, calquera o diría se nos fixamos na mañá de Alberto Núñez Feijóo, que se asemellou bastante a un baño de multitudes propio da precampaña. 



Aproveitando a festividade da Ascensión, o líder dos populares galegos visitou a feira e o Concurso Cabalar do mercado de Amio, onde foi recibido por 'fans' que lle pedían fotos e berros de "guapo". 



Cun paseo entre cabalos con claros tintes preelectorais, Feijóo recorreu a feira, probando rosquillas e chourizos que lle ofrecían os vendedores. O ambiente era distendido, de feito chegou a bromear cunha das primeiras vendedoras, preguntándolle por qué a bolsa de rosquillas que lle ofrecía non incluía o prezo. "Estámonos adaptando, presidente", respondeu ela sinalando un cartel no que aparecían detalladas as cantidades. 


Continuando co seu paseo, Feijóo colleu un par de botellas de aguardaente e outros licores, aínda que neste caso non se animou a probar. Preferiu seguir o seu camiño, parando para facerse fotos e apretar mans, ata chegar ata a nave onde estaban os cabalos. 


Alí entablou unha animada conversa con varios gandeiros, sendo informado de que "un bo burro anda nunha media de 500 euros", aínda que este ano se vende menos. 


Tamén houbo espazo para selfies, anéctodas, bromas con nenos e maiores... ¡Os tratantes levan bastón sempre!, sinalou antes de abandonar o recinto, en relación a un dos moitos vendedores que quixeron darlle a man. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE