​O Dolmen de Dombate seguirá sendo estadio deportivo e escenario de concertos

|


Dende a plataforma ecoloxista Salvemos Cabana levan tempo denunciando o modelo de xestión basado na masificación do Dolmen de Dombate, con actividades que pouco teñen que ver co contido arqueolóxico do recinto e que poñen en perigo a súa conservación.


E non parece que o novo convenio asinado en xaneiro entre a Deputación da Coruña e o Concello de Cabana teña solucionado o problema, máis ben todo o contrario. Dende a plataforma xa consideraron "unha tomadura de pelo" a firma deste convenio no seu momento, e tras analizalo denuncian que incide unha vez máis "na masificación do enclave como principal ferramenta de posta en valor".


Así, destacan cláusulas como a 2.3.4 referente a "música e escenificacións teatrais", que afirma que "estas actividades levaranse a cabo sobre todo en tempada baixa aproveitando a acústica do centro arqueolóxico e a protección contra as inclemencias do tempo". Os ecoloxistas entenden que esta cláusula abre a porta a que o principal monumento prehistórico de Galicia siga utilizándose como unha " sala multiusos apta para calquera tipo de intervención pública.


Tamén critican a cláusula 2.3.7. referente á organización de organización de "competicións deportivas que leven por nome o Dolmen de Dombate", abogando porque "se poidan desenvolver na contorna ou preto do centro arqueolóxico". Dende Salvemos Cabana temen que se repita a situación do pasado ano, cando as máis de 400 persoas e os seus acompañantes que participaron na 'Carreira popular Dolmen de Dombate'" pasaron "en tropel" polo xacemento".


Por estas e outras razóns, consideran que o novo documento adoece dun "profundo descoñecemento sobre o que supoñen os conceptos de protección e posta en valor do patrimonio arqueolóxico". Neste sentido, entenden que a comisión político-técnica que debería velar pola correcta adecuación das actividades "non deixa de ser outra cousa que papel mollado" ante a situación que experimenta o xacemento nos últimos anos, "que únicamente termina por beneficiar os intereses do Partido Popular na Comarca de Bergantiños fronte á conservación deste Ben de Interese Cultural (BIC) que é patrimonio de todos e todas".


AGE PEDIRÁ QUE A XUNTA XESTIONE O XACEMENTO


Próximamente Alternativa defenderá no parlamento unha iniciativa para que a Xunta se faga co control do Dolmen de Dombate, considerando que"un concello pequeno non pode contar cos recursos suficientespara manter como se merece un ben de dimensión internacional como é o Dolmen de Dombate".


Para esta formación sería máis axeitado que a titularidade da xestión pasase á Xunta de Galicia, que podería encargarse de establecer os convenios de cooperación oportunos co concello de Bergantiños. A través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, podería encargarse de velar pola integridade dun "ben sobranceiro, de valor incalculable e único para todas as galegas e galegos".

relacionada ​Salvemos Cabana suma argumentos para un cambio na xestión do Dolme de Dombate
relacionada AGE pretende rescatar o Dolme de Dombate dunha xestión deficiente
relacionada Nova polémica en torno ao Dolmen de Dombate
relacionada ​Dolmen de Dombate, ¿restauración ou maquillaxe?

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress