#Claves de la semana

​"As administracións que non amaban ás nosas árbores"

Ecoloxistas denuncian a "desfeita" que sufriron unhas oliveiras tricentenarias en Boqueixón


|



Dende a asociación ecoloxista Adega tense mostrado moi críticos coa "desfeita" que sufriron unhas oliveiras tricentenarias en Boqueixón, que "acompañaron a vida e a morte de moitas xeracións de veciños de Ponte Ledesma sen que houbese problema algún... ata hai uns días".

Critican unha "desastrosa poda polas bravas" feita por alguén descoñecido e completada polo persoal do concello para homoxeneizar o perfil, despois de que a Xunta rexeitara unha iniciativa veciñal para incluyr ás árbores no Catálogo das Árbores Senlleiras porque "ao parecer, non daban atalla".


Adega considera este un exemplo do desleixo dalgunhas administracións coa "protección das nosas árbores senlleiras", que contrasta coa " tolerancia desmedida coa expansión do eucalipto". Aseguran que casos parecidos se dan por toda Galicia: "o ameneiral de Sarria, a fraga de Casas Vellas, a carballaira de Anllares, o eucalipto de Maná..."


OLIVEIRAS TRICENTENARIAS


As oliveiras de Boqueixon medran xunto á igrexa do lugar de Ponte Ledesma, dise que foron plantadas cando se acabou de construir a capela, alá polo 1735.


A veciñanza comenta que foi un agasallo de comerciantes de aceite que traían o seu ouro líquido dende a zona de Ourense cara Compostela cruzando o Ulla pola ponte romana de 9 arcos.


Son dunha raza autóctona, a "Raza Brava Galega" que estivo ao borde da extinción e que actualmente está en vías de recuperación.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE