#Claves de la semana

​Os socialistas critican que os contratos de Navantia cheguen só en "datas preelectorais"

Feijóo responde ironizando sobre a posibilidade de que a Armada australiana encargue barcos para apoiar a campaña do PPdG


|


O voceiro parlamentario e candidato ás primarias do PSdeG, Xosé Luis Méndez Romeu, afirmou hoxe no parlamento galego que os socialistas aplauden os novos contratos de Navantia. Pero tamén asegurou que "aínda aplaudiriamos máis se os contratos non se produciran só en datas preelectorais".


Ante estas insinuacións, o presidente da Xunta tirou de ironía. Alberto Núñez Feijóo prometeulle ao voceiro socialista que "trasladaría a súa queixa á armada australiana por facer campaña en favor do Partido Popular de Galicia".


Este cruce de declaracións prodúcese días despois de que o presidente da Xunta participase na presentacións dos novos contratos de Navantia, que se comezarán a construir o 1 de xuño de 2017 traendo carga de traballo para ata 3.000 traballadores durante os picos de producción. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE