​A xustiza determina que as monxas indias de Santiago non estaban retidas contra a súa vontade

O xuíz arquivou a causa, eximindo de toda responsabilidade á Igrexe e á nai superiora


|



As relixiosas de orixe indio que convivían no convento de clausura das Mercedarias de Santiago non estaban retidas contra a súa vontade, nin tampouco foron tratadas de forma vexatoria nin foron víctimas dun delito de coaccións para que non abandonasen a congregación. Cando menos esa é a conclusión do xuíz, que decidiu arquivar a causa na que se cursaran dilixencias previas por supostos delitos de detención ilegal, coaccións e delito contra a integridade moral.


Nesta decisión foi determinante o feito de que ningunha das relixiosas que decidiu abandonar o convento quixo presentar denuncia, pero tamén a falta de indicios observada polo xuíz Andrésn Lago Louro, coñecido por ser o encargado de pechar a causa do accidente de Angrois co maquinista como único imputado.


O xuíz entende que o feito de que as relixiosas non tiveran os seus pasaportes no seu poder no momento da detención non implica que estiveran retidas de forma ilegal, a pesar das “ameazas veladas” que observaran as forzas de seguridade no seu informe.


Recorda que as tres relixiosas supostamente detidas abandonaron a congregación nalgún momento para visitar á súa familia durante longas tempadas na India, decidindo despois libremente volver ao convento, dende onde podían comunicarse a través do teléfono ou de cartas.


A xustiza dálle por tanto a razón ao Arcebispado de Santiago, que negou en toto momento que as monxas estivesen retidas no convento, senón que estaban inmersas nun proceso de “dispensa de votos” que leva o seu tempo. 

relacionada O Papa critica a "inseminación artificial" de vocacións estranxeiras
relacionada Trascenden os testemuños das monxas retidas en Santiago
relacionada A Policía detectou "ameazas veladas" no caso das monxas retidas en Santiago
relacionada As monxas retidas no convento de Santiago non estaban en posesión dos seus pasaportes
relacionada A Xustiza investiga se as tres monxas indias estaban retidas contra a súa vontade
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE