Un eslogan preocupante

Manuel Fernando González Iglesias

O aniversario do 15-M volveu a facerse notar en rúas e prazas españolas. Miles de cidadáns volveron ao seu lugar natural reivindicando a xustiza social que aínda, a sociedade dos que menos ten, a inmensa maioría, non conseguiron pese aos seus esforzos. Porén, o enfado perdura, e algúns dos convocantes aprovéitano ao máximo para lanzar eslóganes nos que semella que a democracia non ten cabida, se esta é entendida dende a perspectiva partidaria, que é a máis común na Europa occidental.


Por iso, o 15-M do 2016 puidemos escoitar con nitidez amplificada polo altavoz mediático da televisión e a radio, a chamativa frase: "O pobo unido non necesita ningún partido", eslogan, que podería firmar o mismísimo xeneral Franco se non fora porque o dictador xa está morto e os seus seguidores se contan só por decenas, diluidos pola Democracia constitucional que fai que á España enterrada en 1975 xa non a coñeza "ni la madre que la parió" ou "o pai ca fixo" que diríamos os nacidos en Galicia.


Entón, quen son os que agora tampouco queren partidos? A ultradereita clandestina que xa emerxeu en media Europa ou os bolivarianos da Complutense que están a piques de acadar o poder a golpe asambleario? Miren, non o sei, e polo tanto non debo mentirlles. Pero sí, quero decirlle aos lectores desta sección, que o berro mezclado co consabido "o pobo unido xamais será vencido" que os da miña xeración lle soltaban aos grises diante das súas mesmas narices con Franco vivo, me sobresaltou e sobre todo, me sentou bastante mal, tendo en conta que moitos militantes de partidos que aínda se presentarán ás eleccións do días 26 de Xuño seguen durmindo en cunetas ou fosas comúns anónimas ás que foron a parar, precisamente, por ter un carnet dun partido ou un sindicato de esquerdas, e ademais republicano.


Xa sei que iso é xa historia vella e aos "gritones anónimos" de "o pobo unido non necesita ningún partido" lles parecerei un dinosaurio periodístico. Pero, qué queren que lles diga!, a min a frase de marras sígueme parecendo un "eslogan moi preocupante", sobre todo porque emite un aroma claramente totalitario? Pois iso. 


Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE