#Claves de la semana

​O alcalde de Ferrol avisa: está disposto a gobernar en solitario

Aínda que asegura que fará todo o posible para que o pacto co PSOE perdure


|

Alcalde



O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (Ferrol en Común) está "disposto a seguir adiante" en solitario no goberno da cidade, no caso de que sexa "imposible" chegar un acordo cos seus socios de goberno, o PSOE.


Aínda así, asegura que fará "todo o posible para que o pacto perdure" para dar "continuidade ao goberno de Ferrol, que foi o que escolleu a cidadanía, cun pacto de esquerdas para que gobernase a cidade". "Sempre busco o actuar de mediador entre Ferrol en Común e Partido Socialista", sostivo en declaracións aos medios con motivo dunha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en San Caetano.


Iso sí, manda un aviso claro aos seus socios de goberno. "Se aínda así é imposible chegar a un acordo" estaría disposto a gobernar en solitario, "porque temos un programa de cambio para a cidade, para poder transformala nos próximos tres anos", insistiu.


Estas manifestacións producíronse apenas 24 horas despois do pronunciamiento da asemblea do PSOE de Ferrol, que aprobou o continuar co bipartito, pero determinaron que calquera modificación de áreas no goberno municipal ten que pasar por unha negociación e non por unha imposición, da que acusan á asemblea de Ferrol en Común.


Ademais, ambas formacións tamén manteñen posturas enfrontadas respecto ao contrato de subministración e mantemento eléctrico ou á derrogación da taxa do saneamento.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE