#Claves de la semana

Santiago acolle a "festa reivindicativa" do galego, a chave coa que abrimos o mundo

A manifestación convocada en Santiago pretende mesturar o carácter reivindicativo da marcha co "orgullo que temos como pobo" de ter un idioma propio


|


Un ano máis, o Día das Letras Galegas unha manifestación percorrerá Santiago de Compostela, tratando de  mesturar o carácter reivindicativo da marcha co "orgullo que temos como pobo" de ter un idioma propio, a "maior creación colectiva" da nosa sociedade.


A manifestación sairás ás 12:00 da Alameda Compostelana, convocada por Queremos Galego e co lema de  'O idioma é a vida', un verso dun poema de Manuel María, homenaxeado este ano nas letras galegas, que tamén fala da lingua como "a chave coa que abrimos o mundo", " o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de amor".


Con estes versos como estandarte Marcos Maceira, presidente de Queremos Galego, confía en reunir unha vez máis miles de persoas reivindicando a derrogación do "decretazo contra o galego" da Xunta de Galicia "a porta aberta aos prexuízos" no ensino galego e que estivo "desprestixiado dende o seu nacemento".


Tamén protestarán contra a recente sentenza do TSXG que anulou a ordenanza do uso do galego en Lugo, sentando un precedente que segundo explican provoca que os cidadáns teñan "problemas para utilizar o galego en servizos municipais". Por último, reclámase unha lexislación que protexa claramente o noso idioma, situandoo canto menos en igualdade de condicións co castelán.


Os organizadores chaman á cidadanía a sumarse á marcha, augurando un éxito baseado en convocatorias anteriores, nas que segundo indicaron "Santiago quedou bloqueado" con manifestacións "difíciles de ver no conxunto de Europa" en defensa dunha lingua.


FESTA REIVINDICATIVA


A marcha partirá ás 12:00 da alameda de Santiago, rematando na Praza do Toural. Será alí onde se centren os actos festivos, nos que Manuel María terá un claro protagonismo.


Haberá actuación de Mini e Mero, que levan anos musicando os versos do poeta e tamén de Fran Amil, que vén de publicar un libro-CD no que tamén versiona a súa obra.


E é que para os organizadores a necesidade de reclamar reformas "urxentes e necesarias" non debe eclipsar o "orgullo" e o amor dos galegos cara a súa lingua. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE