#Claves de la semana

​A CEG apraza a aprobación do seu plan de viabilidade

Consegue pechar, iso sí, as contas pendentes dos anos 2014 e 2015


|



A asamblea da Confederación Galega de empresarios pechouse hoxe cun éxito parcial. Non foron quen de aprobar o plan de viabilidade da entidade, que queda pendente para a asamblea de xuño. Pero polo menos conseguiuse referendar as contas de 2014 e 2015, cuestión que quedara pendente trala saída do anterior presidente, José Manuel Fernández Alvariño.


O actual mandatario da patronal galega, Antonio Dieter Moure, asegura que dende este mércores os presidentes das confederacións provinciais e el mesmo avanzarán na tarefa de pechar o plan de viabilidade, que incluirá despedimentos e rebaixa de salarios do persoal, aínda sen cuantificar --estúdanse entre cinco e oito saídas--.


Aínda que a intención inicial de Moure era ratificar xa este luns devandito plan e os orzamentos de 2016 --ambos os documentos interrelacionados--, a celebración dunha xunta directiva previa á asemblea foi determinante para que estes textos non fosen levados á segunda cita.


NEGOCIACIÓNS COS BANCOS

A aprobación do plan de viabilidade, que queda para xuño, será fundamental nas negociacións cos bancos, aos que Moure pedirá un novo crédito duns 1,5 millóns de euros, coa sede do ente como aval, para afrontar débedas e abonos pendentes. A idea, segundo explicou o presidente, é cancelar a actual hipoteca "e levala un pouco máis lonxe para que sexan máis asumibles os gastos".


De saír adiante esta operación, Antonio Dieter Moure ve "descartado totalmente" o concurso de acredores, aínda que admitiu que "todo depende da axuda dos bancos". "Se din que non, estamos abocados a un concurso de acredores; pero eu neste momento nin contemplo nin barallo esa posibilidade", subliñou.


O acordo cos bancos, segundo expresou, querería que se alcanzase "esta semana", pero admitiu que non sabe "se é posible". "A ver se sobre o 17 de xuño podemos facer unha asemblea onde ter o orzamento", finalizou, no que ten que ver cos prazos que manexa a confederación para poñer fin á súa crise.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE