#Claves de la semana

​Os traballadores de Vulcano reclaman reunirse coas admintracións ante a falta de traballo

O estaleiro leva 4 anos sen construir un barco novo


|

Vulcano 1




O comité de empresa de Vulcano, con apoio das áreas de Industria dos sindicatos CIG, CC.OO., e UXT, reclamou este venres reunións con responsables da Xunta, de Autoridade Portuario e co concello de Vigo. O obxectivo, trasladarlles a súa "preocupación" polo incerto futuro do estaleiro, no que fai catro anos que non constrúen un barco novo.


Así, remitiron senllas cartas ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; ao presidente do Porto, Enrique López Veiga; e ao alcalde de Vigo, Abel Caballero; para informarlles da situación do estaleiro e tratar de articular unha fronte común para buscar solucións á falta de carga de traballo.


Os traballadores de Vulcano, que pasou por un concurso de acredores, están afectados por unha regulación de emprego (que se foi prorrogando nos últimos anos) debido a falta de contratos. Nese escenario, a empresa sobreviviu ata agora diversificando a súa actividade, e realizando labores de calderería e estruturas metálicas.


As súas expectativas de futuro están pendentes de que se adxudique a subministración de paneis metálicos para a ampliación da Ponte de Rande (para o que presentaron unha oferta) pero, sobre todo, de que poidan vender o ferri a medio construír traído de Andalucía, propiedade dunha entidade financeira, e para o que buscan armador.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE