​O ex alto cargo investigado polo dragado da ría de Ferrol nega irregularidades

|

Directivodragado


O exdirector xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón Millán, negou este luns que exista "absolutamente nada", ningunha irregularidade no proceso polo que está investigado en relación ao dragado da ría de Ferrol en 2011.


Os ecoloxistas de Adega, impulsores da denuncia recollida pola Fiscalía, acusan a García-Borregón de ter "cociñado" unha autorización ambiental para o proxecto baseada nun suposto informe técnico que non figuraba no expediente, e que segundo eles só apareceu unha vez rematadas as obras recomendando "a non execución do proxecto polos seus impactos ambientais".


Pero este luns, tras comparecer nos xulgados, o ex alto cargo asegurou ante os xornalistas que o informe ambiental foi "feito na data que corresponde" e "non a posteriori", sempre "dentro do procedemento ambiental" e "con arranxo á tramitación", é dicir, no momento regulamentario.


De feito, recalcou que o documento que alerta sobre os danos ao medio ambiente non dependía do seu departamento, senón dos "propios técnicos e funcionarios do tema". "E aclarouse ese informe primitivo cun informe definitivo", respondeu para rebater a denuncia de ocultación do primeiro texto.


INFORME "COCIÑADO A MEDIDA"


Pero esta explicación non convenceu aos ecoloxistas de Adega. Fins Eirexas, secretario xeral da organización, segue considerando "irrebatible" que o informe polo que se autorizou a dragaxe foi realizado "anos despois" co fin de xustificar aquela actuación.


Un documento que segundo interpreta está "cociñado a medida" para ocultar que se obviou o que advertía dos danos que se causarían. Salientou que a raíz destes feitos vén o suposto delito de falsidade documental polo que respondeu García-Borregón, do que se extrae outro de prevaricación, xa que "se tomou unha decisión fraudulenta a propósito" e sen importar que derivase en dano ambiental.

relacionada ​O ex-director de conservación da natureza deberá declarar por un suposto delito contra o medio ambiente
relacionada ​A Xunta asegura que emitiu un informe "técnico" para autorizar o dragado da Ría de Ferrol

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress