PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • eólica
  • Tui
  • policías
  • Moción de censura

​A activista Laura Bugallo pacta 11 meses de prisión por falsidade documental

Realizada para axudar á regularización de persoas inmigrantes.

Redacción
Redacción
| martes, 7 de junio de 2016, 13:33
  • 0
ARCHIVADO EN | activismo Inmigrantes Juicio

Laura




A activista Laura Bugalho chegou a un acordo este martes coa fiscalía, aceptando unha condena de 11 meses de prisión por falsidade documental que realizou co fin de axudar á regularización de persoas inmigrantes.


Ponse así punto e final a un proceso que se remonta a 2009, cando foi detida, segundo denuncia Bugalho, tras sacar á luz unha trama para introducir persoas inmigrantes no país de forma irregular a cambio de diñeiro na denominada Operación Peregrino.


Tras chegar a un acordo de 11 meses de cárcere --non ingresará en prisión-- e 750 euros de multa, Bugalho foi recibida á entrada do edificio xudicial de Fontiñas cunha gran ovación por parte dunha multitude reunida en sinal de apoio, ao berro de: "Se tocan a Laura, tócannos a todas". Entre eles, decenas de amigos, compañeiros, membros de varias asociacións como Marcha Mundial dás Mulleres, xunto a representantes de diversos partidos como o BNG ou Anova, e sindicatos como a CIG e CUT, que levaban concentrados desde primeira hora da mañá.


Megáfono en man, unha emocionada Laura Bugalho deu conta do acordo polo que non ingresará en prisión. "Xa bastaba, sabemos que hai unha represión xeneralizada, que todas dalgunha maneira sufrimos a inxustiza da mal chamada Xustiza; puxemos fin a estes sete anos, quedaron en 11 meses de condena penal que non vou cumprir", explicou á portas do xulgado rodeada de persoas no seu apoio e mentres un cordón policial protexía a entrada dos xulgados.



"LAURA VIUSE METIDA NESTE VÓRTICE POR AXUDAR AOS DEMAIS"


Pola súa banda, a avogada de Bugalho, Mari Luz Canle, sinalou que "o acordo consiste en recoñecer que Laura é unha persoa moi solidaria, que puido cometer se cadra algún erro de vulto, pero por axudar aos demais, sábeo o fiscal, sábeo o xuíz e sábeno todos".


Así, Mari Luz Canle lembrou que este xuízo "veu como consecuencia de que esta muller destapou 19 tramas de tráfico de migrantes e de prostitutas". "Isto é como unha ameaza, un pouco de aviso a navegantes de coidado onde te metes", sostén.


Nesta liña, a avogada remarca que este proceso "durou demasiados anos" e búscase "terminar dunha vez" e "evitarlle a Laura o sufrimento dun xuízo oral, cando non é unha delicuente, nin unha persoa que falsificase nada con propósito para beneficiarse de nada". Un acordo no que se lle aplicou unha atenuante de dilacións indebidas.

  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Cabeceraultimahora

El jurado considera al acusado del crimen de Chapela culpable de asesinato con dolo eventual

Perial Asset Management compra el hotel Dolce Sitges Barcelona a Angelo Gordon y firma un contrato con Hotusa

Una tesis sobre materiales ecológicos y almacenamiento de energía térmica, premio de la Cátedra Hijos de Rivera-UDC

Una colisión múltiple en Barro (Pontevedra) se salda con una persona herida

Cabeceralomasleido 1
1
La Xunta de Galicia oculta qué hizo en concreto Javier Negre a cambio de 50.000 €
2
El vertido iría hacia Galicia desde el petrolero incendiado, el Greta K, que Portugal rechaza meter a puerto por ahora
3
La sentencia contra Monbus y Alsa es "solo la punta del iceberg del amiguismo de la Xunta", dicen empresas, sindicatos y oposición
4
Otra jornada de reuniones y otro día sin acuerdo entre los letrados, Justicia y Hacienda para frenar la huelga
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora