A pataleta de Oriol Junqueras

Manuel Fernando González Iglesias

O vicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras dixo: “O veto da CUP terá consecuencias graves para os servizos sociais”. Tócate os melindres invicto líder dos republicanos da esquerda catalá!, e por que non en lugar de afectar tan gravemente a vellos, comedores infantís ou pobres de solemnidade, por citar algúns dos que necesitan servizos sociais, non lle afecta ao salario e ao emprego dos altos cargos que o seu partido nomeou a dedo?


Ou, fiando aínda máis fino, ás 10 fermosas embaixadas que quere regalarse o incompetente Raül Romeva e que deben custar un pastón. Tampouco estaría de máis que os consellers e os secretarios xerais viaxasen en taxi se tan escasa está a pasta. E ata poderían suprimirse as prebendas aos expresidentes a modo de despachos e asistentes. E mesmo, se o Honorable Vicepresidente mo permite, eu borraría da conta de gastos públicos as comidas de traballo e as axudas aos medios de comunicación e fundacións máis próximas a Convergència e Esquerra, para dar exemplo de austeridade exemplar.


En fin, que asustar aos pobres, a este que escribe, non lle parece propio dun político de esquerdas e moito menos, para mostrar en público unha rabecha contra os da CUP porque estes señores decidiron votar, polo que é a esencia mesma do seu programa político, que é, dito en cristián: facerlle a puñeta ao sistema establecido. Ou é que o señor Mas e Vd. non sabían cando asinaron o pacto de lexislatura cos cupaires que estes señores defendían unha ideoloxía máis radical e ata contraposta que a de Vds. dous?


Así que Señor Junqueras, deixe en paz aos que nada teñen, afine de novo o lapis orzamentario, e busque no Parlament novos socios, que os hai. E se non o consegue, convoque eleccións, que é o que ao seu grupo político máis lle convén nestes momentos, aínda que a Convergència, o seu actual socio, o tema non lle guste nada de nada. A xente de Catalunya ten que volver á normalidade parlamentaria, na que cada partido é un partido, e cada deputado vota polo seu, e non por unha marca branca de referencia. Xa verá como así funcionamos mellor, e mesmo ata poderemos gozar dunha ppresidenta do Parlament que nos defenda a todos.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress