#Claves de la semana

​En Marea quere sacar a Reganosa "fóra da ría"

Chama aos galegos a mobilizarse para que se poida "exercer o poder popular" sobre a compañía


|



Aproveitando o primeiro día de campaña, o cabeza de lista de En Marea por A Coruña, Antón Gómez Reino, chamou aos galegos a mobilizarse para que das vindeiras eleccións do 26 de xuño saia "unha maioría de cambio" que permita "exercer o poder popular" e sacar a Reganosa "fose da ría".


O candidato fixo estas declaracións nas inmediacións das instalacións da compañía en Punta Promontorio, no municipio de Mugardos, un escenario no que agradeceu "a loita que, durante tanto tempo, veu exercendo" o Comité de Emerxencia da Ría.


"Son deste tipo de loitas popular de onde naceron o movemento que agora tratamos de levar ás institucións". Ademais, Reino tamén censurou que Feijóo afirme que "se está cumprindo coa legalidade". "Aquí non se está cumprindo coa legalidade, hai que tomar cartas no asunto e por iso chamamos á cidadanía galega a mobilizarse".


Pola súa banda, a número 2 das listas coruñesas, Yolanda Díaz, adiantou que a súa formación presentará un recurso tras coñecer este xoves, día 9, por parte do presidente do Congreso dos Deputados, Patxi López, que non se convocará a Comisión Permanente da Cámara Baixa para abordar a decisión do Consello de Ministros de eximir a Reganosa de presentar declaración de impacto ambiental (DIA) para a súa planta na ría de Ferrol.


A política ferrolá volveu asegurar que a decisión tomada o 27 de maio "está a vulnerar un principio constitucional fundamental, como é o principio de separación de poderes". "O que fixo o Goberno é ditar un acto administrativo e a través diso legalizar unha empresa que é ilegal, perigosa e insalubre". Asegura que en "En Marea imos gañar e imos impedir que Reganosa sigua traballando no noso país".

relacionada La planta de gas de Reganosa no tendrá que presentar un informe de impacto ambiental
relacionada ​El Supremo anula la autorización previa para la planta de Reganosa en Mugardos
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE