#Claves de la semana

​O bloque esixe que se modernice o "tren chu-chu" que une Ferrol e A Coruña

Reclaman "unhas infraestruturas en condicións, do mesmo xeito que no resto do Estado"


|



O cabeza de lista do bloque pola pola provincia da Coruña, Carlos Callón, esixiu neste primeiro día de campaña "un tren do século XXI e non un tren chu-chu Ferrol-A Coruña", xa que considera o actual servizo como "vergoñento".


"Se agora mesmo collésemos unha bicicleta para ir desde Ferrol á Coruña, ou chegariamos ao mesmo tempo ou antes que o tren, algo que é unha vergoña e non se pode tolerar", manifestou este venres na estación de tren de Ferrol, onde se desprazou coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e outros integrantes da candidatura BNG-Nós.


"Continuamente as forzas estatais teñen unha amnesia selectiva e acórdanse de Galicia cando tocan as campañas electorais, pero esquécense automaticamente cando lles toca a acción de goberno", asegurou.


O candidato do BNG reclamou "unhas infraestruturas en condicións, do mesmo xeito que no resto do Estado" antes de asegurar que estas cousas demostran que un deputado do BNG "rende moito máis que os vinte e tres que están a ordénelas de Rajoy, Sánchez, Igrexas ou Rivera".


Pola súa banda, Ana Pontón responsabilizou "aos diferentes gobernos que se esqueceu das comunicacións por ferrocarril para a comarca de Ferrolterra e que incumpriron todas as promesas que viñeron facendo ano tras ano en campaña electoral".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE