CIG pide por escrito información sobre o peche de camas ao xerente do Chuvi

|


Chuvi 2


A CIG-Saúde rexistrou este luns un escrito dirixido ao xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo, Félix Rubial, para solicitar información concreta sobre os motivos do peche de camas durante o verán e sobre o plan de redución de listas de espera na sanidade pública.


Tal e como mantivo o sindicato nacionalista, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, comunicou que o peche de camas obedecía a un plan de obras que se van a acometer nos centros hospitalarios e á "indispoñibilidade" de profesionais para as coberturas no período estival.


Por iso, e co obxectivo de "analizar este tema co rigor que se merece", a CIG reclamou que se lle remita o plan de obras que se van a acometer, a relación de especialidades médicas nas que non hai persoal dispoñible para a súa contratación e a relación de persoas que acabaron a súa formación do MIR e aos que a xerencia contratou.


Así mesmo, solicitou o peche de axendas na atención primaria para avalar a indispoñibilidade de profesionais e detalles do plan proposto para a redución de listas de espera como o relativo ao horario en que se realizará a actividade extra e as especialidades afectadas.

relacionada Sanidade: "Las camas siempre están donde tienen que estar"

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress