Medra o número de galegos que abandonan os seus animais domésticos

|

Animalesabandonointerior


A asociación animalista Libera denuncia un aumento do 15 por cento nos abandonos de animais domésticos en Galicia durante o primeiros seis meses do 2016, xa que estiman que houbo uns 8.500 casos. Neste primeiro semestre son xa uns 1.100 abandonos máis que os 7.400 contados por estas datas en 2015.

De seguir este camiño, a final de ano prevén alcanzar os 17.000 casos, que serían 4.000 máis que en 2013, cando comezaron a recoller estatísticas. E o aumento é "imparable", porque, tal e como critica a asociación este sábado a través dun comunicado, a Xunta non elaborou un estudo sobre o abandono animal e o traballo que deben asumir as entidades protectoras, como se comprometeu a realizar hai dous anos.

Por este motivo, os animalistas reclaman medidas de sensibilización á Xunta e aos concellos por medio de campañas para prever estas situacións. Así mesmo, lembraron que o Código penal recolle o abandono como unha conduta delitiva con sancións de ata 5.000 euros.

Os animalistas indicaron que, se en 2013 se estimaron en 2 millóns de euros os gastos de recoller animais abandonados, co aumento do 2016 poderíase chegar aos 3 millóns, o que significa un importante aumento para o erario público.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Cabecerarecomendados 1
Cabeceraultimahora
Cabeceralomasleido 1


Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress